Vídeos para a fin de semana: anuncios retirados (II)

Os anuncios censurados son máis divertidos de ver que os que saen na tele, todos o sabemos (aínda que sexa por curiosidade morbosa). Hai anuncios que foron retirados por ferir sensibilidades e que son tan malos que dá tristeza velos, pero hainos que teñen un sentido do humor excepcional (e logo están os que che fan rir de parvos que son). Xa vimos no seu momento algúns anuncios censurados de IKEA (tanto sexo!) e algúns outros anuncios retirados en España. Hoxe, deixámosche cinco anuncios retirados máis. Moi perigosos para a nosa sociedade!

5.  Nike – Scream

O certo é que este anuncio da bastante susto, e un pensaría que esa é a razón de que fose prohibido (pobres nenos, toda a noite con pesadelos…), pero non, foi unha cuestión de copyright.

4. Fnac – Discusiones elevadas

Este anuncio, dirixido por Álex de la Iglesia, foi retirado nun par de días por demasiado violento.


3. Xbox 360 -Life is short

Este anuncio mítico recibiu 136 queixas en Reino Unido -e por iso foi retirado-. Dicían que era traumático. E, as cousas como son, un pouco deprimente si resulta.

2. Volskwagen – Cambio directo

Este anuncio é moi gracioso, pero ao parecer, perigoso para os pequenos que despois de ver Superman cren que poden voar. Pois si,  un neno case se asfixia tratando de emular ao protagonista do anuncio.

1. Condóns Zazoo

Aínda que non chegou a España -é unha marca belga – foi censurado no seu país de orixe.  O anuncio é boísimo (de feito gañou varios premios).

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *