A vida dos publicistas non é nada sinxela. Conseguir destacar cun anuncio sen ferir a sensibilidade de ninguén! E é que esta é a triste historia dos anuncios censurados: anuncios que se emitiron máis ou menos tempo ata que unha queixa acabou relegándoos ao esquecemento (ou todo o contrario, visto o título deste post). Normalmente os anuncios máis criticados sono por incitar á violencia ou por sexismo, pero o certo é que hai de todo.
Hoxe recuperamos algúns anuncios retirados en España para que vexades de que lado estades. Nós sospeitamos que non é necesario tomarse a vida (ou o marketing) tan a peito. Pero tampouco podemos pór a man no fogo de que non haxa xente tan parva como os defensores dos consumidores insinúan.
5. Anuncio Mitshubishu Outlander
Este anuncio, ao parecer, resulta perigoso para os nenos. Un ve unha historia bastante sinxela e ata tenra, pero unha mensaxe coma esta pode crear moitos novos delincuentes.
4. Tubo de ensaio -Axe
Véxome obrigada a meter algún anuncio de Axe nesta lista, porque teñen unha chea de anuncios censurados e sempre pola mesma razón: machismo. Debo recoñecer que bos, bos, non me parecen, pero non creo que ese sexa o seu obxectivo.
3. Anuncio Barça Real Madrid – La sexta
O humor negro non é apto para todos e por iso os anuncios non deberían abusar del. O golpe na cabeza impresiona bastante, pero peor é outra versión do anuncio onde hai un accidente de coche, e a conclusión é a mesma: “Non é bo momento para morrer”.
2. Anuncio Amanece na aldea – Bocatta
A Asociación Valenciana de Agricultores pediu a retirada deste anuncio por considerar que desprestixiaba o mundo rural.
1. Anuncio Nasí soso -ETB
O anuncio conta a triste historia dun andaluz que naceu falto de gracia e que ten que chegar a Euskadi para atopar o sentido de humor. Máis alá do uso do estereotipo andaluz=chistoso, por moito que lle dea voltas, cústame ver a ofensa por algures.