Os anuncios vintage triunfan. Quen non se descubriu enmarcando o clásico anuncio do circuíto de Mónaco cos bólidos ao carón do mar azul ou dalgún xabón con nenos repoludos? A que parece moi improbable facer o mesmo con calquera anuncio recente? Que si, que hai campañas moi ben feitas, pero ai, o encanto naïve das imaxes do pasado non é fácil de atopar.
Aproveitando a moda fifties que nos entrou a todos con Mad Men, e sabendo que o vintage e un valor engadido, moitos deseñadores -na maioría dos casos no contexto de diversos concursos- decidiron adaptar a publicidade de produtos modernos ao estilo vintage para dotar de irónico encanto aos anuncios.
E onde pode ser máis divertido o contraste que anunciando novas tecnoloxías? A mediados do 2010 saíron varios anuncios sobre as redes sociais e outras plataformas (facebook, twitter, youtube, e skype) que causaron furor pola súa estética retro-futurista de fonda pegada americana. Eran obra da axencia Moma Propaganda, no seo da súa campaña “Todo envellece rápido” para Maximida Seminars, unha feira de comunicación de Brasil.
Pero non son os únicos que probaron o inspirador que pode resultar o estilo retro. Persoalmente, eu quedaba con estes anuncios e non coas versión reais.
Fotos | Top Design Mag, Flavorwire, Hongkiat