Non o perdas! O mellor de marzo

Coa primavera xa instalada nas nosas ventás e no noso espírito, toca repasar que foi o que máis vos gustou durante o mes de marzo. Para xente sen tempo que querería ler todo o que escribimos pero non pode, aquí tedes as noticias con máis éxito (as máis lidas) do mes pasado:

5. Tía Nuna: a reivindicación do feito a man. O DIY vive os seus días de ouro, e unha das súas máximas expoñentes en Galicia é Tía Nuna. Manualidades de todo tipo con énfase en técnicas tradicionais como o ganchillo, as súas creacións decoran escaparates e enchen cursos.

4. Pía que pía: unha concept store no casco vello de Tui. Tui segue a abraiarnos como un dos lugares nos que están a nacer máis iniciativas cool en Galicia. Pía que pía é un exemplo máis do que mola a vila á beira do Miño.

3. Novedades Carminha invitan a polbo e champagne! Isto estaba claro que ía a ser un éxito: ter a oportunidade de gañar non só unha entrada dobre para un concerto, senón tamén unha tapa de polbo ou unha copa de champagne coa banda é unha proposta demasiado atractiva como para rexeitala.

2. En panties, concertos con cariño. Álvaro Álvarez e Carlos Ramos son os responsables da nova produtora de concertos ‘En panties’ (defendendo o rock desde 1976). Concertos organizados con cariño, de andar por casa, como a todos nos gusta velos.

1.  Espacio Nido: o coworking xa está en Vigo. Traballar desde a casa é algo cada vez máis normal, e cada vez máis xente decátase do perigo que corre a súa saúde mental nesa situación. Conclusión? Alugar un posto nun espazo de coworking. En Vigo, grazas á iniciativa de tres arquitectos, xa se pode facer.

PLUS. A selección da redacción este mes escolle Profe de Galego: corrixir a lingua tuit a tuit. Entrevistamos a @Profe_Galego, unha licenciada en Filoloxía Galega que resolve dúbidas acerca da lingua en Twitter.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *