HTC ChaChaCha: análise do teléfono de Facebook

HTC ChaChaCha

*Inauguramos unha nova sección de análise de produtos tecnolóxicos!

Antes de comenzar isto quizais sexa necesario apuntar de onde vén esta disquerredactora: nin do iPhone, nin da BlackBerry, nin de calquera outro Android. Son de Symbian de toda a vida. Unha vez aclarado este punto, procedamos á análise.

HTC ChaChaChaO HTC ChaChaCha (ChaCha nos países non hispanofalantes) foi desde un principio introducido como “o teléfono de Facebook”. De feito, antes do seu lanzamento, críase incluso que sería un teléfono de Facebook real, coa marca oficial da rede social, o seu primeiro paso no mundo dos smartphones da man de HTC. Ao final, simplemente resultou tratarse dun smartphone cun botón de acceso directo a Facebook.

Este botón, iso si, é unha das características distintivas do HTC ChaChaCha: permítenos actualizar o noso estado na rede social con tan só pulsalo. Ademais, se estamos nalgún lugar do smartphone con contidos susceptibles de ser subidos (por exemplo, vendo fotos), o ChaChaCha entenderá que se pulsamos o botón nese momento é porque queremos compartir ese contido, polo que facilitará a tarefa. A única desvantaxe do botón Facebook? Que, se ben facilita actualizar, no fai nada sinxelo simplemente ver as actualizacións dos nosos amigos.

O outro “pero” que se lle podería poñer ao HTC ChaChaCha neste campo das redes sociais é precisamente ese enfoque case exclusivo en Facebook. É posible actualizar tamén Twitter ou FourSquare, por suposto, pero non é tan doado. E moitos de nós quizais utilicemos máis esas redes sociais alternativas…

Máis: como é o HTC ChaChaCha por fóra? Bonito, para que vos imos a enganar con tecnicismos. O ChaChaCha é un deses smartphones que dá gusto ter na man porque ademais é suave e lixeiro, e o seu teclado QWERTY (en vertical), aínda que ao principio crea algúns problemas con dedos torpes (os meus), non tarda en converterse en algo natural e permite escribir a bo ritmo. Ten ademais accesos directos moi útiles, coma o da cámara (de 5 megapíxeles, “modesta” segundo o noso equipo de fotografía). O seu perfil é lixeiramente curvado, o que facilita ler a pantalla mentres se escribe.

HTC ChaChaCha

A pantalla é unha das queixas principais de moitos usuarios e analistas, asegurando que é demasiado pequena. Efectivamente, non debes esperar a pantalla do iPhone ou de moitos smartphones sen teclado físico, pero é que non hai moito máis espazo. E de todas formas o do tamaño é relativo: segue a ser moito máis grande que as pantallas dos teléfonos móbiles que tiñamos todos ata hai un par de anos (o caso é queixarse, vaia). É perfectamente funcional.

E é tan funcional gracias ao seu software: o ChaChaCha vén coa versión Gingerbread de Android, “tuneado” un pouco coma todos os teléfonos Android de HTC coa interface HTC Sense. Chama un pouco a atención que a versión de Sense incluída sexa a 2.1 (porque imos xa pola 3.0), pero parece ser que a decisión se debe ao tamaño da pantalla: ao ser algo máis pequena que noutros dispositivos, funciona mellor con esta interface.

Un par de detalles máis que poden pasar desapercibidos pero que son bastante importantes son o sensor de luz que fai que as teclas se iluminen de forma automática cando as condicións lumínicas exteriores non son as máis axeitadas ou o fantástico anel de desbloqueo, que permite aforrar tempo escollendo as nosas aplicacións favoritas e puidendo ir a elas directamente ao desbloquear (se queremos).

O HTC ChaChaCha é, en definitiva, un smartphone perfecto para o uso para o que foi pensado: a actividade en redes sociais. Non obstante, se ademais queremos darlle un uso máis profesional o teclado físico QWERTY preséntase coma unha ferramenta fundamental para que escribir emails serios non sexa unha tortura. Iso si, se por algunha razón tendes a cambiar de tarxeta SIM con certa frecuencia, entón esquece o ChaChaCha: abrir a tapa da batería que dá acceso á SIM (e a unha ranura para tarxeta micro-SD) é o máis difícil de todo. Aínda que quizais sexa tan só porque o resto do uso é ben sinxelo e intuitivo.

* Análise feita gracias ao terminal cedido por HTC a Disquecool.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *