Onte, un redactor de Xornal púxose a botarlle un ollo aos xornais en papel a primeira hora. Lendo El Ideal Gallego atopou un titular dos que arrastran moitos clicks: a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, falaba da súa política de programación cultural e sinalaba que ía cambiala porque a anterior corporación fixera unha programación con “cousas demasiado galegas”.
Como o redactor de Xornal atopou a entrevista é unha ficcionalización da realidade, que despois fixera unha noticia non e as declaracións de Fernández tampouco. As reaccións en Twitter non tardaron en aparecer: Galicia por fin tiña o seu Bisbalgate e a súa estrela 2.0.
David Bisbal é xa un clásico das cousas que non se deben facer na rede e unha vítima ademais do chamado efecto Barbra Streisand. As súas declaracións lamentando o estado pouco transitado das pirámides de Exipto quedará para a posteridade como un hit do social media hispanofalante. O seu uso incorrecto da etiqueta #prayforJapan (pedía rezos trala desgraza que lle acontecera aos xaponeses; Bisbal empregouna falando dun dos seus concertos) demostrou que o pobre cantante non sabía moito de redes sociais e que tiña moito potencial como, ao seu pesar, estrela cómica 2.0. Mágoa que Alejandro Sanz intente ás veces roubarlle o posto.
Trala aparición das declaracións de Ana Fernández, a comunidade galega en Twitter lanzouse a criticar palabras tan pouco oportunas. Fernández defendeuse sinalando que na súa casa falase galego de “toda a vida”. Unha reacción que non fixo máis que botar máis lume ao efecto viral que as súas palabras están tendo nas redes sociais.
O hashtag #cosasdemasiadogallegas nacera onte, co calorciño do mediodía, e foi progresando durante a xornada. Hoxe continúa: as novas declaracións de Ana Fernández non fixeron máis que o efecto – tan común nas redes sociais – de botar gasolina nun lume que podería esmorecer. O tema non chegou esta mañá ao altar dos trending topics, eclipsado polo empuxe doutras polémicas, como a da suposta reclamación da metade dos beneficios xerados pola Alhambra por Marrocos e – sobre todo – pola impactante noticia da posible futura participación de Falete en Eurovisión.
O #cosasdemasiadogallegas agrupou dous tipos de tweets-protesta, sempre – iso é case obrigatorio neste tipo de protestas made in Twitter – con moita, moitísima sorna. Por unha parte, apareceron os tweets que cuestionaban que sería o que se debería facer nunha Coruña cañí. Touradas, a Pantoja? Por outro, os máis abundantes, os que listaban esas cousas que son demasiado gallegas.
Ana Fernández tamén foi a protagonista doutro intento de trending topic. Os facts son un clásico de crítica no Twitter e a concelleira de Cultura coruñesa non quedou sen os seus, aínda que sen tanto éxito como coas #cousasdemasiadogalegas.
Por descoñecemento ou se cadra por ter un bo community manager, dende o Partido Popular, partido da concelleira de Cultura en cuestión, non se está facendo contraataque social media.
O problema deste TT é que comezou coa primeira opción (“sorna cañí”), e moita xente que se incorporou máis tarde tuiteou cousas “Typical Galician”. E claro, terxiversa a intención inicial, e desgusta ós que nos gustaba máis a primeira opción.
javimetal, acho que é evidente que a imensa maioria dos comentários “typical galician” estám carregados da retranca necessária para porem na boca metafórica de Ana Fernández e os seus sequazes um “reprendimento” dessas #cosasdemasiadogallegas. ;)
Bueno es que lo del ayuntamiento de “Curuña” es demasiado. Deberíamos hacer la feria de Abril en Coruña, a ver si así no somos demasiado gallegos.
Y las meigas p’andalucía.