Arte&Deseño, Slide — 05/11/2012 9:00

5 proxectos DIY para decorar a túa casa

Escrito por

Os invernos son para as manualidades. A noite cae antes, e fóra ou chove ou vai frío (ou mesmo as dúas cousas). Hai un plan mellor que abrigarse ben, aproximarse ao radiador —ou no caso das persoas máis afortunadas á agradable cheminea— e facer algo coas túas propias mans? Aínda estamos en outono, diredes, pero o clima e as minguantes horas de luz invitan cada vez máis á mantiña e o sofá. Un libro é un plan excelente, un magosto é unha opción ideal para estas datas, pero tamén podes aproveitar para desenvolver as túas habilidades manuais, e ao mesmo tempo, dar un novo aire á túa casa por poucos cartos. Presentámosche 5 proxectos Do It Yourself para decorar o teu fogar.

1. Botellas e pólas

Seguro que tes algunha botella de cristal de zume, de auga ou dalgunha bebida alcohólica agardando unha segunda vida. Quizais sexas unha persoa super afortunada e aínda conserves unha desas botellas tan bonitas de gasosa. Que saibas que é o primeiro paso para apuntarse a unha das últimas tendencias en decoración: botellas de cristal como floreiro para pólas de árbores.

O tipo de rama e a súa procedencia dependerán do teu gusto e da variedade que teñas preto. Unha vantaxe adicional deste tipo de manualidade é que previamente terás que dar un paseo polo monte na procura desas pólas caídas que mellor se poidan adaptar ao recipiente e á liña decorativa da túa casa.

As pólas dan calidez ao teu fogar e a irregularidade das súas formas resulta moi fermosa. Unha vez seleccionadas e distribuídas nas túas botellas, podes engadir algún adorno máis (pompóns de la, piñas…) ou mesmo pintar de cores as puntas ou outros puntos da rama.

 

Visto en A Beautiful Mess

Visto en x4duros.com 

2. Cestos de tea

Non sabes que facer coas camisetas vellas de algodón? Pois con esta idea DIY podes ofrecerlles outra oportunidade e ao mesmo tempo facerte cun cestiño moi orixinal para deixar as chaves ou para elementos de escritorio. Se ademais combinas unha cor neutra con fíos fluor como no exemplo a túa pequena obra artesanal dará á túa casa un toque de cor en clara tendencia.

Visto en The Red Thread

3. Lámpadas

Todos temos a típica bombilla que agarda anos e anos a lámpada adecuada. Sempre hai unha escusa: demasiado cara, demasiado fea, demasiado grande, demasiado pequena… Se non atopas o que queres, faino ti mesmo! Coa axuda de cables de cores e washi tape podes dar un xiro radical á imaxe desa triste bombilla que te mira cada día desde o teito.

Visto en Kidskamers

 4. Dip it!

A técnica “Dipped Painting” está de moda. Consiste en somerxer un obxecto en pintura, pero sen cubrilo totalmente. Deste xeito, as pezas quedan pintadas unicamente nalgunha das súas extremidades: as patas dunha mesa, o mango dunha culler, ou a base dunha maceta.

Visto en The Sweet Beast

 

Visto en For Me, For You

 

Visto en A Beautiful Mess

5. Mantas de ganchillo

Si, esas mantas de ganchillo que tiña a túa avoa e que tanto odiabas volven a ser tendencia. Dálle unha alegría á túa nai, avoa ou tía e pídelles que che revelen todos os segredos do ganchillo. Un proxecto DIY deste estilo ocuparache tardes e tardes de inverno. Os cadradiños de cores volven a protagonizar colchas e coxíns (grazas a Deus os tapetes aínda seguen gardados nos baúis das lembranzas entre bolas de alcanfor), pero desta vez con novas cores e xeometrías que reinterpretan o clásico cun estilo máis contemporáneo.

Visto en The Victory Garden

Visto en Sfgirlbybay

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...


Comparte en Chuza Difundir a nova en Cabozo

1 comentario

Deixa un comentario

— obrigatorio *

— obrigatorio *