5 ideas DIY para decorar a túa habitación

Agora que chegou o bo tempo un non pasa máis do tempo necesario no seu cuarto: un pasea, vai a praia, toma algo cos amigos… xa tivemos un largo e tenebroso inverno para ler na cama e chorar diante da fiestra. Por iso é probable que estes días non esteas a pensar en como mellorar a túa habitación.

Se tes moitos días libres, sen embargo, pode que sexa o mellor momento para facelo. Agosto está á volta da esquina, e con el, eses días de néboa nos que non se pode pisar a praia antes do mediodía. Que facer con esas longas mañás? Ver a tele? Durmiñar? Ir de compras? Non! Decorar o teu dormitorio, pero dun xeito persoal e sen gastar (demasiados) cartos.

Aquí che deixo 5 proxectos DIY deliciosos para darlle ao teu espazo o maior encanto posible:

1. Maletas decorativas

Maletas forradas

As maletas vintage son un clásico da decoración de dormitorios. Pódense usar como almacenaxe e ademais funcionan como elemento moi decorativo e de carácter. Se as túas maletas non son o suficientemente bonitas para merecer este tratamento, podes transformalas un pouco. Como? Como fan en A beautiful mess, forrando as túas maletas con telas de flores.

E se resulta que tes que marchas de viaxe, tamén te servirá para ser a primeira en recoñecer as túas bolsas.

2. Xoieiro nun libro

Xoieiro DIY

Se tes pendentes, colares e pulseiras ciscados por mesas, andeis e mesmo o chan, este é o proxecto perfecto para ti. Un xoieiro, pero non un desdes feos que se empeñaban en regalarte cando eras pequena, un orixinal e cheo de intelectualidade. Colle un libro que teñas repetido, vello e que che guste moito, e convérteo na túa caixa dos tesouros. É moi sinxelo, só tes que pegar todas as follas e recortar un cadradiño. A portada servirá de tapa. Visto en Sincerely Kinsey.

3. Andeis en caixas da froita

Andeis con caixas

Para un look industrial reutiliza unhas cantas caixas tipo palés ou de froitas, colócaas axeitadamente e convérteas en baldas para os teus libros favoritos. Podes lixalas, pintalas e pegalas e xa tes unha nova e orixinal andel. É idea de Christina Williams.

4. Lámpada con moustache

Lámpada con moustache

Ser cool tamén é mostrar personalidade. Se todo o mundo estaba cos moustaches a voltas o ano pasado (na roupa, nas cuncas nas invitacións de voda), ti podes por un bigote na túa habitación este ano. Só tes que recortar un bigote negro e pegalo na pantalla da lámpada. E ese pequeno detalle aportará un toque moi diferente a túa luz nocturna. Explícannos como facelo en Live and love out loud.

5. Perchas florais

Perchas florais

Coa mesa tela coa que forraches as maletas podes dar un toque romántico e vintage ás túas perchas. Trátase dun proxecto DIY bastante absurdo se temos en conta que as perchas case nunca se ven, pero pode ser unha moi boa idea se temos un burro ou un armario aberto no cuarto. Ou se nos gusta saber que hai beleza aínda que non estea á vista. Para forrar as perchas corta a tela en tiras finas e envolve. Podes ver todo o proceso en The natural wedding company.

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *