Por que a ciencia di que os martes son o peor día da semana?

can triste

Na lista de cousas que poden facer que un acabe nunha rúa escura a se pegar con algún malvado (que posiblemente non moito tempo atrás era considerado un amigo) é o de debater sobre cal é o peor día da semana. A cuestión levanta máis paixóns que as eleccións, que quen debe ser o presidente da comunidade durante o próximo ano ou se a tortilla de patacas leva ou non leva cebola. Todo o mundo ten un día que odia e todo o mundo está convencido de que o seu é o peor de todos, aínda que o certo é que a ciencia ten unha resposta e seleccionou xa o peor día da semana (e deu razóns para comprender que é o que fai que a selección acabe nese lugar).

O primeiro é deixar claro cal é o peor día da semana. Sorprendentemente non é o luns: o día que resulta máis eterno, interminable e terrible é o martes. Os martes son días horribles, que parecen avanzar a paso de caracol e no que a cea parece unha promesa electoral, algo que nunca vai chegar. Nos martes, a fin de semana pasada semella algo soterrado no máis profundo dos nosos recordos e a próxima algo que tardará milleiros de anos en chegar. En realidade, a culpa de todo iso (que non é real…) está no noso cerebro, que xoga con dous elementos para crear esa ilusión de que o martes é realmente eterno.

O noso cerebro xoga habitualmente coas percepcións e con como procesamos o que vemos (como ben saben as marcas que xa non dan un paso sen poñer unha ofrenda ao santo do neuromarketing) e nesa lista de cousas coas que xogan está o como percibimos o tempo. Non é o mesmo a hora que estás esperando en Facenda, suando polo medo a que che atendan, á hora que estas agardando no aeroporto, enchido de alegre emoción para marchar de vacacións. E igualmente non son o mesmo as dez da mañá do venres que as do martes. O teu cerebro ben se encarga diso.

Os expertos estiman que na percepción dos martes como eternos, aburridos e desesperantes entran dous factores principais. O primeiro é o que en inglés chaman time gap e que poderíamos traducir como intervalo de tempo. Que ten iso que ver? A cuestión é que o cerebro mete en sacos similares todas aquelas cousas que se parecen, o que fai que o que se separa diso sexa visto dun modo completamente distinto. No dos martes funciona (para mal) porque o luns rachamos coa rutina anterior. O luns é distinto porque tras a fin de semana temos o comezo da rutina de traballo e o cerebro a separa do anterior. O martes, en cambio, é visto como unha repetición do que fixemos onte.

O segundo punto que pode estar a crear a ilusión dos martes eternos é a sobrecarga da nosa memoria. Tras a fin de semana, na que o noso cerebro tivo que procesar menos cousas, no luns comezan a aparecer as cousas do traballo e no martes xa estamos por completo metidos na allada. Como temos tantas cousas por facer e ás que atender, o cerebro intenta descargar reducindo por outro lado, polo que gardaría menos memorias do martes como día para deixar máis espazo para as cousas do traballo. E como temos menos memorias de cousas feitas aumenta a sensación de que o día vai lento, cheo de espazos de baleiro e aburrimento.

Foto unsplash

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *