Cantas veces ten un na infancia escoitado a algún adulto que lle impide comer o anaco de chocolate que un quere comer porque iso non é san, xa comiches demasiado ou logo non vas comer a comida? Cantas veces é un na idade adulta xulgado duramente por mercar chocolate, comer chocolate ou non ser consciente de que un está a envelenarse pouco a pouco con ese produto malvado que engorda, que é tan pouco saudable e que, como a túa avoa dicía unha e outra vez, causa grans? Pensamos en crear un grupo revolucionario de defensa do dereito dos adultos a comer chocolate cando desexen (e por chocolate dicimos TODO o chocolate, mesmo Nestlé Jungly se é o que queren e Nestlé escoita as peticións para que o recuperen e non só chocolates con menta de adultos) pero era demasiado traballo. Así que optamos por crear unha lista cos eses argumentos que ninguén pode nunca rexeitar: aquí van unhas cantas escusas científicas que farán que comer chocolate non só sexa aceptable senón ata reivindicable (e por certo, non, non adelgaza: iso foi un hoax dun medio dos EUA para denunciar que somos uns crédulos…)
O chocolate fai que sexas listo como un allo
É o que acaba de demostrar un estudio conxunto da University of South Australia, a University of Maine e do Luxembourg Institute of Health. Os expertos analizaron os hábitos de consumo de chocolate de 1.000 persoas entre 23 e 98 anos e estableceron unha relación entre a súa agudeza mental e o consumo de chocolate. O estudio durou 40 longos anos para ter unha visión clara do alcance do chocolate no cerebro ao longo do tempo.
Os participantes tiñan que tomar chocolate unha vez á semana, menos ou máis que unha vez á semana, e desas pautas sacaron conclusións. Aqueles que tomaban chocolate (negro) unha vez á semana polo menos non só tiñan mellores resultados en hipertensión e en diabetes do tipo 2 (os seus ratios eran máis baixos cos dos demais) tamén demostraban mellores resultados a niveis cognitivos que os que nunca tomaban chocolate. O chocolate entra así no que os angloparlantes chaman ‘brain food’, comida para o cerebro (aínda que os expertos xa nos deixan claro que é un suplemento, non algo que poda substituír todo o que facemos pola nosa saúde cerebral).
O chocolate fai que sexas mellor en matemáticas!!
Neste caso os datos son dun estudio duns expertos da Universidade de Northumbria que uniu consumo de chocolate e como facemos as que se consideran actividades que supoñen un reto mental. “Para as cousas que son difíciles de facer, as cousas que supoñen un reto mentalmente, pode axudar”, di un experto. Por que ocorre isto? Non é por unha cuestión psicolóxica (tipo: tes un premio agardando ao final do camiño!) senón por un tema químico. O chocolate ten uns compoñentes que fan que aumente o sangue que chega ao cerebro. Por iso, tras tomar chocolate (neste caso probaron cun vaso de chocolate quente) un fai cálculos máis rápido e un cansa menos facéndoos.
O chocolate é bo para o corazón
Outro estudio foi o que demostrou este punto e o que lle atopou unha explicación (a clave está nuns compoñentes da planta de cacao que teñen propiedades neste terreo): aqueles que comían chocolate dun xeito regular tiñan riscos máis baixos de sufrir enfermidades cardiovasculares e infartos que aqueles que non o comían. O estudio seguiu durante 12 anos a 20.000 adultos en Inglaterra, aos que lles medían parámetros médicos e aos que lles facían un seguimento en cuestións de consumo de chocolate. Da súa mostra, un 12% dos que comían chocolate morreu de enfermidades cardíacas. A cifra foi do 17,4% entre quen non o comían.
E o chocolate pode que vaia a desaparecer…
O que é o mesmo… carpe diem! De vez en cando aparecen unhas cantas noticias que indican que a pesar de que o chocolate/cacao é un produto cada vez máis e máis demandado, o certo é que está en perigo de entrar en risco de extinción por culpa das pragas, das secas e do cambio climático.
*Importante lembrar que todos os estudios indican consumo de chocolate con moderación!
Imaxe kaboompics.com/pexels