O big data é unha desas cousas que nos últimos tempos están un pouco por todas partes. Basicamente, consiste en empregar grandes caudais de información para chegar a conclusións sobre cousas. As empresas (e esta é a parte que dá máis medo) usan por exemplo todos os datos que teñen sobre os seus consumidores para entender as razóns polas que compran, para se adiantar ás súas necesidades ou para facer produtos que sexan exactamente o que desexan. Pero o certo é que o big data non só ten aplicacións empresariais. Hai quen o usa para entender as enfermidades ou para adiantar os efectos que terán as catástrofes e tamén hai quen o emprega para usos máis creativos. O big data tamén pode axudar a comprender a historia. E iso é o que fixeron os analistas detrás deste vídeo (que descubrimos vía Forbes), que analizaron como ían cambiando os sentimentos relativos a lugares concretos do mundo (vermello é moi negativo, verde todo o contrario) ao longo da historia.
Infelicidade e felicidad ao longo da historia
Raquel C. Pico
Lectora entusiasta (e si, tamén de bestsellers pouco intelectuais ;) ) e xornalista. Escribo sobre moitas cousas en Disquecool e sobre libros e cousas literarias en Librópatas. Podes atoparme en @raquelpico , en GoodReads e en raquel@disquecool.com