5 playlists para coñecer aos personaxes de Halt and Catch Fire

halt-and-catch-fire

Hai un ano xa falamos dunha nova serie que era unha mestura entre unha serie techie e unha serie de época: ‘Halt and Catch Fire’. Ben, por sorte para os fans, xa comezou a súa segunda tempada nos Estados Unidos e aínda é todo un referente para coñecer máis (pese a ser ficción) deses pioneiros tecnolóxicos que permitiron que agora todos teñamos un portátil e un smartphone na casa, que xoguemos online ou que ti poidas compartir isto nunha rede social. Se aínda non a viches, eu recoméndocha encarecidamente.

Como novidade, o equipo encargado de poñer música á serie, supervisado por Thomas Golubić (coñecido por encargarse doutras bandas sonoras de obras de arte coma ‘Six Feet Under’ ou ‘Breaking Bad’) decidiu compartir en Spotify as playlists que reflexan a personalidade de cada un dos personaxes principais. Todos máis ou menos sabemos que a música que escoitamos defínenos dun xeito ou outro, e o mesmo ocorre con Joe MacMillan, o home capaz de vender calquera cousa, Gordon Clark, o enxeñeiro brillante que pode sacar adiante Cardiff Electrics, Cameron Howe, a xenio da programación, Donna Clark, a muller de Gordon e tan excelsa traballadora coma el, ou John Bosworth, o xefe que dá pé a innovar nunha industria mastodóntica con regras moi ríxidas.

A música, principalmente dos anos 70 e comezos dos 80, permítenos entrar dentro dos seus propios oídos (moitos programadores viven enganchados aos seus cascos) e é toda unha viaxe á época, máis alá dos clásicos que xa estamos fartos de escoitar.

Playlist de Joe MacMillan

Playlist de Gordon Clark

Playlist de Cameron Howe

Playlist de Donna Clark

Playlist de John Bosworth

Podes atopar máis playlists da serie no perfil da mesma en Spotify.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *