Agosto foi o mes que decidiu (un ano máis) romper tópicos: é o mes das vacacións e as viaxes, das temperaturas altas e os días de praia. Pero moitos de nós nin tivemos vacacións nin viaxamos a ningún sitio, e as altas temperaturas foron substituídas moitos días por xornadas frías e de choiva. Iso si, nós soubemos desfrutar igual de agosto pese a todos os obstáculos!
Se si estiveches de vacacións ou decidiches descansar de ordenador en agosto perdendo así algúns posts de Disquecool, hoxe podes recuperar algúns dos máis lidos:
5. Batiskafo: navegando polas profundidades da artesanía. A artesanía é cool, especialmente en tendiñas tan especiais como Batiskafo, en Compostela, que tamén é medio taller.
4. Que chova! 5 cousas para levar con ben a choiva. Tivemos un clásico agosto galego de choiva (agora estamos no clásico setembro de calor!), pero iso non nos deprimiu. Foi unha escusa para estrear algúns accesorios e prendas sen ter que esperar ao outono.
3. O 15 de setembro será a Disquefesta! En agosto hai que ir empezando a facer plans para que a volta á rutina de setembro non veña con depresión. Con plans como a nosa Disquefesta, todo será máis fácil.
2. 5 plans para un mes de agosto sen vacacións. Ás veces non ter vacacións en agosto fainos sentir un pouco bechos raros e os únicos idiotas que estamos a traballar. Grazas ao éxito deste post descubrimos que en realidade fomos moitos os que non desfrutamos de días libres este mes.
1. O pracer do almorzo: 5 recomendacións en Santiago. O almorzo é a mellor comida do día, opinión que parecedes compartir. E moitas veces temos os mellores almorzos sen saír da nosa cidade: neste caso fixemos 5 recomendacións en Santiago de Compostela.
PLUS. JT Photo Gallery: fotografía de autor a prezos populares. Unha pequena tenda/galería de fotografía na Herrería do Casco Vello de Vigo. Suicidio comercial? Non o parece: temos a impresión de que a zona acabará por ser o próximo centro cool da cidade.