Microcasas: cando bo é mellor que grande

Microcasa en Canadá

Creo que era Aristóteles quen dicía que o que se gañaba en extensión perdíase en intensidade. Sen dúbida os seguidores do movemento Small Houses (ou Microcasas) estarán de acordo. E é que mentres a maioría de nós soñamos con pisos de alomenos 100 metros cadrados, hai quen decide meterse -voluntariamente- en casiñas de 30 ou 40 metros cadrados en busca de si mesmo.

CabañaNunha dinámica que me recorda ao Slow Living, o Little Living defende a capa e espada as vantaxes de vivir nunha pequena casa. Custa moito menos, por suposto. Contamina menos, tamén. É fácil de manter. E conéctanos co esencial, fronte as necesidades artificiais deste mundo (cruel e capitalista). Canto necesito realmente é a pregunta que hai que facerse, e que ven enmarcada polos feitos:  o tamaño medio das casas non deixou de crecer en Estados Unidos a medida que as familias empequenecían.

Alí, de feito, o movemento triunfa, e son xa moitos os blogs que hai adicados ao tema. Neles apréndese como elixir unha casa prefabricada ou construír un mesmo unha vivenda destas características, ou como amoblar de maneira práctica, para non ter que renunciar as comodidades da vida moderna.  Pode que un non crea ao pé da letra nos mandamentos de Small Houses, pero para moitas persoas a única posibilidade de ter unha propiedade é que esta sexa pequena. Así, moitas destas microcasas son segundas viviendas, un remanso de paz no medio do rural a onde acudir en verán e nas fines de semana (mentres se paga un aluguer na cidade). O que se perde en casa gáñase en terreo. Cocíñase fóra, xógase fora, e a casa é utilizada case en exclusiva para durmir. Un pode entender a sensación de liberdade de ter unha cabana no campo.

Tamén nas cidades hai microcasas, nalgúns casos de deseño, coma demostración do enxeño dos arquitectos, que son quen de meter en 30 metros cadrados o que esperaríamos en 90. Pero nas cidades, convértese un pouco nunha gaiola. Faise imprecindible unha boa iluminación, moita orde e vivir sen familia.

 Fotos | Home DSG, Apartment Therapy

Shares

Etiquetas

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *