Todas as frikadas coas que Google acaba de mellorar Maps

A vida sería moi diferente se, cando te perdes na cidade (ou cando intentas chegar a algún lugar e acabas nun polígono industrial, como xa lle pasou á redacción de Disquecool) , non puideses tirar do peto o móbil, darlle un click a aplicación de Google Maps e suplicarlle axuda. A vida sería case imposible sen Google Maps e a idea de preguntar a calquera velliña que atopes na rúa para que che oriente (un clásico pre-telefonía intelixente) xa case nin se nos pasa pola cabeza.

Os mapas son un dos puntos máis importantes dos smartphones, aínda que vos pareza mentira: xa conseguiron levantar guerras entre as compañías. A próxima será entre Apple e Google, xa que a primeira emprega os mapas da segunda e xa son demasiado archienemigas como para que iso siga pasando. Apple vai lanzar os seus propios mapas para iOS (ou iso o que todos os rumores chegados dende os EUA apuntan) pero mentres tanto Google non se queda a agardar o golpe e anuncia novos cambios nos seus.

Street View Trekker | Foto Google

O novo Google Maps xa está aquí e inclúe novas melloras. A primeira – e a que máis importará na batalla dos móbiles – é que Google Maps continuará a ser accesible aínda que esteas offline, sempre que te conectes dende un teléfono Android. “Isto significa que a próxima vez que vaias no metro ou non teñas conexión de datos, poderás seguir empregando os nosos mapas”, apunta no blog oficial de Google  Brian McClendon, vicepresidente de enxeñería de Google Maps. Tamén queren ser máis precisos así que ampliaron os países nos que funciona a súa ferramenta de solución de problemas (a Australia, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Nova Zelandia, Noruega e  Suiza) e, sobre todo, incorporaron unha nova forma de captar os lugares.

Aos coches de Google e ás bicis que entraban naqueles lugares non visitables en automóbil (a zona vella de Santiago, por exemplo), súmase agora ‘o camiñante de Google’. O Street View Trekker, como o bautizaron, é unha persoa que vai paseando por aquel lugar que queren captar, cunha mochila ás costas con todo o material preciso para facelo. Google xa probou a eficacia desta nova forma de fotografar lugares nalgunhas pistas de esquí.

Pero esa non será a única ‘frikada’ que Google incorpore para mellorar os seus mapas: a compañía acaba de anunciar que vai traballar para levar ao móbil áreas urbanas ao completo en 3D a través de Google Earth. Van partir de imaxes aéreas de 45 grados da zona en cuestión e empregar para o resultado final novas técnicas de visión por ordenador, segundo explican.  As previsións son que a finais de ano estean en 3D zonas urbanas nas que vivan uns 300 millóns de habitantes.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *