As cámaras son para o verán

Non me gusta a area, creo que apenas vou á praia en verán por mor dela. Pode que sexa en parte por trauma infantil, pero creo que parte da culpa a ten a tensión que implica ir coa túa flamante (e cara) cámara a un entorno decidido a acabar con ela, ben sexa con areas entre as nosas lentes ou con salitre no noso sensor.

Pero as compañías fabricantes de cámara tamén pensan nos que, coma eu, sufrimos vendo sufrir á nosa cámara. Unha gran variedade de marcas ofrecen cámaras resistentes aos golpes, á auga e ao po, que nos permiten desfrutar das actividades de exterior sen nos preocupar pola seguridade da nosa compañeira. Iso si, non pensemos que son a proba de bombas. Que poidamos facer descenso de canóns, ir á praia, saltar á piscina ou levalas soltas na mochila non implica non ter que evitar darlles máis golpes dos necesarios e que ao chegar a casa non as teñamos que  limpar convenientemente con auga doce e as sequemos.

Esta é unha selección dalgunhas das nosas futuras compañeiras de aventuras neste verán:

Pannasonic Lumix FT4Panasonic Lumix FT4

Unha das miñas favoritas. Cómoda de agarrar e moi sólida, incorpora GPS e barómetro, que fai a labor de altímetro, e grava esta información nas nosas fotos, para poder acceder a ela dende o ordenador ou dende páxinas como Flickr. Tamén grava vídeo a 1080p e conta con multitude de programas para adaptarse ás diferentes situacións de luz.

Nikon Coolpix AW100 Nikon Coolpix AW100

Nikon ten moitos anos xa de experiencia en cámaras a proba de mala vida coas súas Nikonos de película, todo un clásico. Con un corpo bastante fino, ofrécenos GPS e vídeo 1080p cunha óptica un pouco menos luminosa ca das súas compañeiras sobre un sensor de 16Mpx.

Fujifilm Finepix XP150Fujifilm FinePix XP150

Con prestacións moi similares á Nikon e á Pentax, esta gordecha cámara destaca por ofrecer un prezo bastante inferior ao de outros modelos, a pesar de tratarse da máis completa da familia das resistentes de Fujifilm.

Pentax Optio WG-1 GPSPentax Optio WG-1 GPS

Visualmente a máis diferente das súas compañeiras. A proposta de Pentax conta cun deseño máis alongado e “rugerizado”, unha gran cinta de agarre cun mosquetón e uns led pegados á óptica que nos permitirán iluminar escenas moi próximas cando queiramos facer fotomacrografía.

Sony Cyber-shot DSC-TX20Sony Cyber-shot DSC-TX55

A máis fina do grupo é tamén a máis elegante. A pesares diso, conta cunha protección similar ás do resto, un zoom bastante decente, gravación en vídeo a 1080p e promete unha alta nitidez nos seus 16Mpx. Iso si, este esvelto corpo non ten cabida para o GPS.

Olympus TG-1Olympus TG-1

Cunha abertura de f/2 é a máis luminosa da súa categoría e a que conta con máis angular. Este despregue de calidade óptica acompaña un corpo dos máis resistentes que inclúe todo o básico da familia: GPS e modo para fotografía submarina. Acompáñana ademais unha serie de accesorios para ampliar aínda máis a súa oferta óptica.

Canon PowerShot D20  Canon PowerShot D20

Os meus anos de usuario de Canon e o cariño que sinto pola marca non me impiden recoñecer que esta é unha das cámaras máis feas que vin en anos. Aínda así (e como para gustos se pintan cores), a D20 cumpre coas esixencias do equipo incorporando GPS e modos especiais para fotografía submarina. Como detalle extra, conta cun modo de gravación de vídeo a cámara lenta (a 720p, fronte os 1080p do modo normal) e cunha carcasa específica, por se os 10m de profundidade que ofrece non son suficientes para ti.

Foto portada | Lucía

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará