5 anuncios dos últimos anos de Apple

Steve Jobs reconvertido en street art en Francia

Steve Jobs é un xenio visionario do mundo das novas tecnoloxías. E o máximo dirixente dunha compañía que soubo venderse estupendamente ben. Envexablemente ben. Aos compradores dálles igual que o último iPhone teña unha cobertura de vaia-por-dios. Aos fans da marca non lles importa durmir no chan dun centro comercial para facerse co último gadget da casa. Dende Apple xogan co misterio, non contan máis do necesario e saben crear a necesidade dun produto de forma que quixeran Microsoft ou outras empresas tech. Estes son os anuncios que lles axudaron nos últimos anos.

1.There is an app for thatApple acababa de lanza o iPhone que, aínda que agora nos pareza que ter un teléfono tan intelixente é o usual, chegaba ao mercado cunha aposta novedosa e para consolidar para sempre ao smartphone. A frase que se repite durante todo o anuncio acabou consolidándose fóra del e foi carne de parodia.

Cando os teleñecos fan unha versión, é que o fixeches moi pero que moi ben.

2. Sam Mendes. A gran novidade do último iPhone era FaceTime. Os rumores apuntaban a que o seu anuncio estaría protagonizado por Lady Gaga (rapaza Google e doutra chea de marcas máis) pero ao final foi Sam Mendes o gran nome do comercial. A consecuencia: un anuncio do máis ñoño e repelente. E patriótico. Buscade ao soldado.

3.iPad. Como sempre parece facer Apple, un dos seus productos chegou ao mercado e cambiou o que os consumidores esperaban. Que sería dos tablets sen o iPad? Así o vendía Apple.


4. Ti es un PC, eu son un Mac. Un clásico dos últimos anos de Apple. Un rapaz modernillo – un Mac – cara a cara contra un oficinista aburrido e pouco molón. Adivinades quen? E si, nós tamén pensamos que non é máis que a versión cool do casposo anuncio dos zumes que son mellores que os da competencia.

5.1984. Non precisa presentación. Non é dos últimos anos pero é O anuncio de Apple.

Foto | Abode of Chaos

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *