Show Cooking: Cociña cos 5 sentidos

Team Cooking con sushi da empresa coruñesa Showcooking

 

Nun mundo no que o espectáculo manda, a cociña non podía ser menos. Xa sexa como elemento de innovación ou como un xeito de aproximarse ao cliente, o certo é que nos últimos anos asistimos a unha proliferación dos Show Cooking nas cociñas e eventos gastronómicos.

Ao abeiro desta tendencia, as cociñas ábrense ao público, e a maxia da preparación dos alimentos adquire un novo protagonismo. A comida entra agora -aínda máis- polos ollos, e o cociñeiro pasar a ser unha especie de actor ou mestre de cerimonias que vai narrando a preparación dos seus pratos, explicando propiedades e curiosidades dos ingredientes, respondendo ás dúbidas dos comensais, e incluso invitándoos a participar na elaboración da comida.

Existen distintas modalidades de Show Cooking. Así, algúns restaurantes teñen a súa cociña  integrada no comedor e outros retransmiten en circuíto pechado de televisión o que estar a acontecer entre fogóns. Nos eventos chéganse incluso a instalar varias barras con distintos espectáculos culinarios ás que o público pode achegarse para observar e pedir que lle preparen os alimentos desexados.

Showcooking, ‘Gastronomía temática para eventos’ é unha empresa coruñesa de catering que apostar por novas propostas para eventos, reunións e todo tipo de cerimonias. “Como nunha función de teatro, os nosos expertos chefs poñen en escena as súas técnicas e trucos mellor gardados para o deleite dos invitados, que poderán achegarse a eles e probar cada unha das especialidades que Showcooking ofrece”, explican na súa web.

Para a súa posta en escena contan con distintas barras show redondas á elección dos clientes: Sushi Bar, barbacoa, Sea Food, mesa ibérica, fonte de chocolate suízo e cócteles.

Pero o máis interesante son os cursos e talleres que organizan para empresas co obxectivo de mellorar a eficacia dos grupos de traballo. Así, a través de obradoiros gastronómicos de iniciación ao sushi, coctelería creativa, catas de viño e de cervexa ou corte de xamón, os Team Cooking buscan traballar a comunicación, a participación e o traballo en equipo entre os empregados.

A cociña require máis que nunca dos nosos 5 sentidos.

Fotos | Andrés Fraga

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *