O clandestino mola. Imaxina unha trastenda chea de licores e vaqueiros ceñudos xogando ás cartas coas pistolas no cinto. Imaxina unha porta secreta detrás do armario da entrada, que se abre cara a outros mundos, que poucos coñecen.
Utilizar o reclamo da clandestinidade é, de por si, un acerto. E (sen pistolas nin vaqueiros) iso é o que fan Urban Secrets, unha rede de restaurantes en Barcelona que se ocultan en lugares insospeitados e que só uns poucos poderán probar. Porque ao gancho do clandestino únese tamén o da exclusividade.
Explica Xavier Romero, product manager da empresa, que locais clandestinos hainos nas principais capitais do mundo, pero que en Barcelona quixeron ir máis alá e crear un verdadeiro club no que “os amantes da gastronomía e da exclusividade puidésemos reunirnos”.
Así, para coñecer un dos restaurantes da súa rede alguén ten que te levar. Esa é a idea, aínda que neste momento pódese simplemente pedir unha invitación na súa páxina web. Afirman que debido á alta demanda, pronto deixarán de aprobalas.
Ten Urban Secrets tanto éxito só por apelar á clandestinidade e á exclusividade? Non, o mellor está por chegar: os restaurantes ocúltanse trala fachada doutro tipo de locais. Por exemplo? Unha tinturaría ou unha tenda de souvenirs, que coidan ata os máis mínimos detalles e ata contan coa súa propia páxina web (e mesmo de Facebook). Só os “iniciados” poderán franquear a porta que separa eses locais da trastenda, onde se ocultan os restaurantes, entre os que se conta un de comida xaponesa, e a coctelería.
Sobre a cocina non me podo pronunciar, porque aínda non a probei. Iso si, o menú que vin (con pratos de cociña creativa) ten unha pintaza. Os prezos son elevados (roldan os 40 euros por persoa), pero eles aseguran que o club é para amantes da alta gastronomía e que o que ofrecen está en consonancia. E que ocorre cando o “exclusivo” comeza a ser coñecido por todos? Segundo Romero, a localización dos restaurantes é so un primeiro secreto, despois a medida que vas ascendendo de categoría dentro do club, tes acceso a máis eventos secretos coma concertos, ceas en lugares insólitos ou catas de cava…
Soa tentador, pero haberá que viaxar, porque de momento só están en Barcelona. Pensan ir máis alá da cidade condal moi pronto. Onde? Eu rompo unha lanza a favor de Galicia.
Yo conozco Urban Secret porque he sido clienta en 3 ocasiones. Te apuntas en su página web, te dan una clave y allí te envían las opciones de ocio que hay programadas.
Aunque el precio es elevado, siempre hay ofertas puntuales, como una cena de San Valentín (que no olvidaré) cuyo precio no superó los 25 euros por cabeza.
También he asistido a un evento de cata, y puedo garantizar que me sentí como una auténtica sumelier, en un ambiente muy profesional y un enclave mágico.
Lo diferente se lleva, lo distinto engancha y la magia nos gusta a todos.
Espero que pronto llegue su expansión a Galicia. Tengo entendido que la directora de márketing y RRPP tiene familia gallega ¿quién sabe?
Yo vivo en Santiago de Compostela, y la verdad es que estaría encantado con una oferta como ésta. E imagino que en ciudades como Vigo o Coruña todavía tendrían más éxito, por ser zonas menos tradicionales y más vanguardistas.
Noraboa pola idea!
Yo estuve en Tintoreria Dontell y la verdad que está bien. Sorprendí y mucho a mi pareja cuando le llevé y a pesar del precio que no es economico, creo que merece la pena al menos probarlo.