E Madrid era unha revolta

Pancartas na Porta do Sol

Especial dende Madrid

Todo empezou en Madrid. “Falaba cunha amiga o domingo, mentres viamos ata onde chegaba a manifestación (do 15M)”, di unha daquelas manifestantes, sinalando a toda a praza da Porta do Sol, a famosa calle Alcalá e outras rúas da contorna da praza, “que sería unha mágoa que despois de todo iso todo quedara en nada”.

Non quedou. E a nosa manifestante sinala o campamento (ilegal para a Xunta Electoral, un poboado chabolista para segundo que político e un berro de basta xa para os que alí acampan) que esta semana protagonizou as noticias, contaxiou a outras vilas e demostrou que a primavera social media árabe… non era só árabe.

Madrid empezou nas redes sociais. A nosa manifestante confésanos que coñeceu a protesta vía Facebook e que a veu crecer alí e en Twitter. Os social network son as principais armas das que poden tirar os manifestantes nunha situación que non lles é nada favorable. Tanto que xa lle gañaron por goleada aos medios tradicionais.

Marea de peticións en Sol

Durante as primeiras horas do asentamento, tras a manifestación do 15 de maio coa que comezou todo (e que tamén era filla do social media), os medios tradicionais non souberon responder. O que estaba a pasar no centro de Madrid non tiña un eco nos medios tradicionais, nas primeiras planas dos principais xornais do país (como os manifestantes se queixaban). Internet converteuse na alternativa.  Os acampados da Porta do Sol descubríronse coma uns mestres no campo do uso das redes sociais. Para evitar o efecto Justin Bieber (Twitter cambiou o seu algoritmo para que o cantante canadense non fose sempre trending topic, o que afecta a movementos de información de longa duración no tempo como foi o caso de Wikileaks), os manifestantes cambiaron cada día da semana os seus hashtags, o que permitía aparecer de forma continuada nos temas do momento.

A #spanishrevolution chegou a ser o luns 16 de maio trending topic mundial, algo que non sucede de forma moi habitual (os trending topics anglosaxóns son os que acaban gañando a partida). Os grupos en Facebook serviron para aglutinar a toda a oposición e artellala de forma xeográfica e os perfís de Twitter serven para unir consignas e para organizar un movemento sen líderes e sen partidos. Os blogs permiten compartir a palabra, Flickr e os álbums no Facebook dar testemuña gráfica e o Twitter contalo todo en todo momento.

Quen precisa aos medios tradicionais?

Pai e filla lendo as peticións no campamento de Sol

 

Fotos | disquecool

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *