Connected Tree, a laranxeira que sinte, padece e twitea

 

A ConnectedTree na súa foto de perfil en Twitter

Foi unha das sorprendentes estrelas do pasado Mobile World Congress, MWC, a feira que reúne cada ano en Barcelona aos membros da industria das telecomunicacións. No medio de terminais de calidade sublime, no medio da febre Android que consumía aos asistentes, unha árbore era un dos must que non había que perderse. Trouxérao Ericsson á Casa Conectada da feira (un lugar no que che ensinaban como ía ser o moi tech futuro do teu fogar) e alí calquera podía achegarse e coñecer de primeira man ao Connected Tree.

O Connected Tree é unha laranxeira que Ericsson encheu de sensores. Así, cando alguén se achega a ela pode saber cales son os seus sentimentos e se a persoa en cuestión interactúa con ela, a laranxeira sábeo. Segundo dicían entón, semellante frikada tiña unha boa explicación: tratábase de demostrar que a tecnoloxía pódese aplicar a todo, que todo pode entrar dentro do que se deu en chamar o fogar do futuro e que non hai moitas barreiras no que a tecnoloxía pode entender e moitos beneficios que pode aportar, ata para unha árbore.

A árbore conectada é tan lista que incluso comenta nas redes sociais o que lle pasa. @Connectedtree é o seu perfil en Twitter, onde 881 persoas seguen os seus pasos (a laranxeira é tan VIP que non segue a ninguén) e reciben os seus afinados consellos. A árbore tamén comenta o que lle está a suceder. “Sete toques nunha hora, isto si que é divertido!”, sinala nunha das súas actualizacións. As súas sentencias sempre están baseadas no que está a suceder ao seu arredor. Por exemplo, cada vez que fala da soidade e da tristeza no seu perfil de Twitter non o fai porque si, senón porque alguén acaba de deixala. De aí, a Connected Tree interpreta a tristeza. Ademais, a árbore responde ao que fai a xente tocando música, falando e prendendo e apagando as luces. Todo gracias á tecnoloxía.

Ericsson leva á súa laranxeira intelixente de viaxe polo mundo, de feira en feira, así que se queredes coñecela estade atentos.

Fotos| audreyjm529 | Ericsson

Shares

1 comentario

  • Mi Tede,estoy impresionada,sorprendida…,tu que no sabias plantar ajos…ahora ,me superas,a pesar de haber nacido en los campos entre hortalizas
    FELICIDADES..,ME ENCANTA TU TRABAJO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *