Uns anos atrás, unha das noticias que acabou protagonizando análises, noticias de apertura e cobertura en medios online de todo o mundo foi a morte dun bolseiro de Bank of America. Tras traballar 72 horas seguidas morrera de puro esgotamento. E aínda que pareza que foi un escandaloso caso illado, o certo é que foi unha de tantas historias. Dous anos despois un analista de Goldman Sachs suicidouse despois de botar días sen durmir na oficina. En xaponés, en chino e en coreano xa hai palabras específicas para falar da morte por exceso de traballo. E en xaponés tamén hai unha palabra para eses traballadores que dormen de pé porque xa non poden máis. É inemuri.
Durmir, unha das partes do día a día que durante séculos se consideraba insaltable, é agora unha sorte de mal menor, ou polo menos así é como empezou a ser visto (e é un error). Tal como conta Arianna Huffington en La revolución del sueño (Plataforma Editorial), nos últimos séculos empezamos a convencernos de que durmir é unha absoluta perda de tempo. En parte, isto ven dos cambios sociais e económicos que impuxo a Revolución Industrial, cando as fábricas empezaron a estar abertas todo o tempo (e durmir empezou a ser visto como un síntoma de debilidade). O boom de beber té, explica Huffington, estivo moi ligado a esta situación: os traballadores das fábricas precisaban beber moito té para poder continuar espertos. Por outra banda, durante os últimos séculos tamén se creou unha idea mítica de durmir (ou mellor dito de non durmir). Non hai máis que ver como nas entrevistas cos grandes directivos das empresas a maioría sempre alardea de durmir só unhas poucas horas.
Pero iso é, en termos de saúde, nefasto. O corpo precisa durmir e durmir non é un capricho do que podamos prescindir. Huffington aprendeuno pola forza, cando se desvaneceu de puro esgotamento tras durmir pouco e mal. Non é a única dos directivos das empresas que o viviron. E, de feito, do mesmo modo que a idea de que durmir é unha perda de tempo persiste, empeza a nacer tamén un movemento de reivindicación de que durmir é moi importante. Algunhas empresas xa o meteron na súa filosofía corporativa e en como ofrecen servizos aos seus traballadores (claro que, para eles, é non tanto unha cuestión de saúde por ela mesma senón máis ben unha cuestión de produtividade). Xa hai empresas (incluídas esas que aparecían nos listados de compañías nas que nunca se dorme) que pechan luces e sistemas para que os traballadores deixen de traballar e durman. E tamén hai xa empresas que empezaron a abrir salas de sesta na oficina.
As salas de sesta comezaron a aparecer hai uns anos, con recibimento irregular nun principio e con entusiasmo agora. Conta no seu libro Huffington que, cando abriron en 2011 a de The Huffington Post, a xente era reticente á hora de empregalas. Que imaxe ía dar ir durmir no medio do día cando se traballa na redacción dun xornal? (Xa sabedes, esa idea de que para ser un bo xornalista hai que vivir de forma frenética) A sala estaba na redacción en Nova York, onde a idea de non durmir está moi asentada. Costou, pero anos despois a sala é usada de forma masiva.
Non son os únicos que puxeron salas de sesta na oficina. Ben&Jerry’s, Google, Uber, Nike, Zappos ou Hootsuite tamén as teñen. De feito, estas compañías son as que habitualmente compran esas cadeiras de deseño que aparecen de cando en cando nos artigos dos medios como espazos VIP para durmir a sesta. Sen embargo, o importante non é tanto a cadeira, senón que exista unha zona específica, que dea privacidade e que poda ser usada durante 30 a 40 minutos.
As zonas para sesta tamén están entrando noutros espazos nos que a cultura de non durmir é dominante. Algunhas universidades estadounidenses tamén crearon as súas, abertas aos estudantes en tempos de exames (eses momentos nos que a xente tende a estudiar durante horas e restarlle tempo ao sono). Nalgúns campus crearon simplemente mapas que permiten atopar as mellores zonas para durmir.