A lista de bebidas alcólicas que intentan atopar unha nova vida non para de aumentar. Nos últimos tempos, estamos vendo como diferentes marcas buscan dar unha nova existencia a todo tipo de produtos que tiñamos máis ou menos asociados ao pasado. Os cócteles, en xeral, están de revival, aínda que ata hai uns anos eran unha cousa máis ben do pasado. Recuperouse a xenebra, a sidra estase a converter no próximo gin tonic (se non o é xa) e o xerez e o anís tamén intentaron reposicionarse no mercado. Agora, o punto cool podería estar a punto de conquistar o vermú de toda a vida.
O vermú está a deixar de ser cousa de vellos para reinvertarse en clave moderno. E na lista de novos vermús hai un de fabricación galega que, a pesar do seu nome discutible (non había nada máis orixinal?), está conseguindo facer o tour dos medios especializados en packaging. Chámase Botafumeiro Vermouth e xoga cos elementos retro para unha bebida da que xa esperas uns aires así.
Detrás de Botafumeiro Vermouth está a bodega Hermanos Paniagua e detrás do deseño do packaging está Javier Garduño. Como explica na súa web, quería captar no packaging a esencia dos “vermús de antes” e o feito de que todo está feito dun modo tradicional. Para unir o produto con esa idea do auténtico, apostaron por unha estética retro e por unha botella en negro mate. A etiqueta está feita con papel reciclado e ten tamén un aire vintage.
Fotos vía Packaging of the World
Também há o vermouth Nordés