Vídeos para a fin de semana: curtas en 30 segundos

Xa sabedes que nestes tempos de Internet, interrupcións e vocacións multitarefa, xa non somos quen de manter a atención durante, por exemplo, os 90 minutos de media que dura unha película (quen non viu no cine a alguén ás agachadas co móbil iluminado), pero o que hoxe propoño está ao alcance de calquera: só hai que concentrarse durante 30 segundos seguidos.

Esa é a duración  que deben ter as curtas dunha das seccións do Notodofilmfest (ese xa famoso festival de curtas online): a de Triple Destilación. Aquí tes os gañadores das últimas edicións : 8 curtas que che ocuparán tan só 4 minutos.

Iso é concisión.

1.  Xaneliñas  – Manuel Bartual (2013)

2. Cercedilla 2007 – Fausto Galindo e Iñaky Santiago (2012)

3. 2os – Mario Rico (2012)

4. As batalliñas do avó – Néstor Fernández (2011) 

5. Letal love – Manuel David Pareja (2009) 

6. O círculo da violencia – Ortzi Acosta e Beñat Fontaneda (2008)

7. A orixe da familia – Francisco Arasanz y Ángel Pazos Bet (2007) 

8. 5’25 – Jorge Esteban Blein (2006)

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *