Cine na praia de Patos

Imaxina a estampa: ti tombado no fermosa praia de Patos, vendo ao fondo a luz vermelloamarela que produce o sol ao esconderse tras as Cíes, coa areiña entre os dedos das mans e dos pés, e cando a luz nocturna comeza a ser a protagonista, nunha pantalla fronte a ti comeza unha das túas películas favoritas. Parece o paraíso, eh? Pero é so o ciclo de cine na praia de Patos.

E é que entre o 15 e o 21 de maio estanse a proxectar catro moi bos filmes, gracias ao ciclo de cine que organizan Franco Tedesco e Ana Schiuma, profesores do taller intensivo de cine do centro Antena, en Nigrán.

Como eles mesmos contan “queríamos facer un ciclo de cine en versión orixinal subtitulada, con películas que deixaran ao espectador sensacións agradables, pero que non foran relambidas nin ñoñas, e a concelleira de cultura ofreceunos a oportunidade de facelo, a través deste ciclo”. Esas películas son ‘Hedwig and the Angry Inch’ (o 15 de maio), ‘Unha historia verdadeira’ (o 16), ‘Hero’ (o 20), e ‘Diarios de motocicleta’ (o 21). Así que si, aínda estades a tempo de gozar das dúas últimas.

Por que na praia de Patos? Gustáballes a idea de facer o ciclo na praia, e Patos reunía as condicións idóneas porque non hai moito vento nin luz de farois. O único problema é que non tiñan pantalla, pero se non hai cartos, enxeño non falta, así que aproveitaron unha estada e un toldo branco… e voilá! O resultado é moi amateur, claro, pero iso non fai máis que sumarlle encanto.

De feito, eu non son a única que pensa isto. Aos organizadores sorprendeulles a afluencia de xente, 45 persoas o primeiro día, máis de 100 o segundo… Moitas espectadores agradecéronlles a iniciativa e mostraron o seu interese por saber se seguirá en verán.

Unha mágoa, pero polo momento non terá continuación. A súa idea era facelo todos os venres durante os meses cálidos, pero iso depende de moitos factores, entre eles de quen ocupará a Concellería de Cultura tras as eleccións do domingo.

Por se acaso isto non segue, eu propóñote que collas unha toalla, unha mantiña e aproveites ben esta noite, que non todos os días ten un a posibilidade de unir tan ben a beleza natural coa artística.

Foto | Ciclo de Cine Pez

 

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *