Facebook cambiou a nosa vida, o noso xeito de relacionarnos (iso din, si), o noso xeito de perder o tempo… pero tamén o noso xeito de facer publicidade. Quen non lembra aquela fantástica campaña na que Burger King comprometíase a regalarnos unha whopper se sacrificábamos a nonseicantos amigos?
Sen chegar a tales cumes marketingnianos, son moitos os anuncios que botan man da imaxe de Facebook, chiscándonos un ollo a todos os seus usuarios. Aquí vos deixo uns cantos ben divertidos.
Desde os que nos prometen que un wonderbra nos fará as raíñas da festa ou que unha boa pasta de dentes mellorará o noso perfil.
Ata os que aproveitan a presenza de book (libro) no nome de Facebook para recomendarmos que voltemos a modos de ocio máis ancestrais.
Pasando polos que cambian de contexto iconas ben coñecidas…
Ou “situacións” ben coñecidas…
Déixoche un par máis!
E de bonus, todo o contrario: un anuncio de facebook…¡vintage!
Se coñeces outros anuncios inspirados en Facebook…non deixes de mandárnolos!
Vía| Trendhunter, Fictive Design, e Marketing Directo