María Antonieta comíaos ás mans cheas na película de Sofía Coppola. Tamén os come o árbitro do estilo no Upper-East Side, a lixeiramente maquiavélica Blair de Gossip Girl. A nova tentación trendy (ou se cadra a máis vella tentación trendy) chega de París e ten un nome que pode levar a confusión. Son os macarons.
Cómelos é parada obrigada en toda viaxe a París que se precie. Case tanto coma facerse cunha boa crèpe de Nutella. Tal é a febre macaron á que deben verse sometidos os turistas que no propio aeroporto Charles de Gaulle esperan aos fanáticos dos macaron as tendas dos mestres do doce, Fauchon e Ladurée.
Non fai falla irse tan lonxe para probalos. Sempre poden facerse na casa… ou compralos. Madrid é unha escapada moito máis sinxela que París e alí tamén hai un mestre macaronier: Moulin-Chocolat chegou para desterrar os macaron non especialmente ben acabados das confiterías madrileñas, con sabores exquisitos e cunha textura excelente.
O bo dos macarons, dos bos macarons, é a súa lixeireza: saben deliciosos e acaban por fundirse na boca. Pero non é un pracer pesado: nada que ver cos biscoitos, coas tartas de chocolate rebosantes e coas bombas e outros morrer por chocolate que tanto éxito tiveron e teñen nas cartas dos restaurantes. O macaron é un doce lixeiro, exquisito e refinado. Posiblemente aínda que comas dúas ducias de macarons non acabarás cun empacho. Pero, claro está, ninguén fai semellante tolería: os macarons son delicados e dignos da mesa de calquera duquesa Ancien Régime. Non dun atracón calquera.
E toda esta delicadeza de cores e sabores variados pon o toque refinado a calquer café. En Santiago, é posible conseguilos en Mercedes Mora. Segundo nos explicaba unha das dependentas do café da República del Salvador, só hai que encargalos.
Segundo San Google, os macarons tamén chegaron a outros puntos da xeografía galega: hainos en Culleredo, na Pastelería Bombonería Doriel (unha pastelería que conta con mestre confiteiro premiado!), e na Coruña, en La Postrería da praza de Santa Catalina.
Ñam, ñam
Descubrinos na Postrería de Coruña, e estou enganchada!!! Que desgraciado descubrimento…
Teño bastantes ganas de probar La Postrería!!
É recomendable?
Moi recomendable, podes comer algo lixeiro a mediodía, merendar doces, zumos e tés ricos, cear ou tomar un cocktail con dj. A decoración moi especial e a terraza chula.