Hoxe é o Blue Monday: 8 consellos para sobrevivir ao día máis triste do ano

luns

Que tal levas este luns? Notas que te está a custar algo máis do normal? Estás triste e deprimido e só queres volver a casa, enterrarte baixo varias mantas e durmir ata que chegue o martes. Non te preocupes, non estás empezando unha depresión, é normal sentirse así. Porque hoxe, segundo os cálculos duns científicos publicistas, é o día máis triste do ano. Xa sabes, o Blue Monday ou Luns Triste, algo que se leva “celebrando” desde o ano 2005.

E aínda que a ciencia di que todo isto do Blue Monday é unha gran trola, que a suposta fórmula matemática que leva ao luns da última semana enteira de xaneiro a ser o día máis triste pola combinación de (mal) tempo, nivel de débeda (tras os agasallos de Nadal), o tempo que pasou desde Nadal, e desde que empezamos a incumprir os nosos propósitos de Aninovo, o pouco nivel de motivación e a necesidade de facer algunha acción, é de todo menos científica, o certo é que hoxe é fácil sentirse algo de baixona. Pero podemos sobrevivir con outro tipo de consellos (pseudo)científicos para facer deste triste luns un día mellor:

1. Fai agora o que máis preguiza che dá facer desta semana. Mark Twain dicía que o seu segredo de produtividade era “comer unha ra a primeira hora da mañá“. É dicir, no canto de pospoñer sen parar esa difícil tarefa que sabes que nalgún momento terás que facer, atacala nada máis chegues a oficina. Despois de comer a ra, sentirás que podes facer calquera cousa. E ter feito iso que ata agora era unha tarefa pendente na túa mente fará que sexas moito máis feliz.

2. Traballa unha hora con todas as notificacións de mails/redes sociais apagadas ou fóra da vista. Prométoo, este é o último consello que relaciona felicidade con produtividade. Pero é que se tes traballo terás que afrontar o Blue Monday na oficina! E o de pechar notificacións e traballar unha hora de forma ininterrumpida, concentrado e sen distracións, fará que te sintas moito mellor.

3. Non chove? Sae a pasear… ou correr. Na pausa para comer ou cando teñas xa tempo libre, se non chove, sae a dar un paseo no frío, ben abrigado con gorro e bufanda. Mellor se é aínda de día e podes coller unha pouca de vitamina D, que axuda a ser feliz. E a actividade física, xa sexa pasear ou correr, axudará tamén moito. E podes tamén reflexionar: Rousseau dicía que só era quen de meditar cando camiñaba, que se paraba tamén se detían os pensamentos. “A miña mente só funciona coas miñas pernas“.

Chocolate4. Toma un chocolate con churros ao saír do traballo. Un deses praceres do inverno que fan que agradezamos o frío e o mal tempo durante eses minutos nos que estamos quentando as mans na taza e o corpo co chocolate ben espeso. E xa sabemos que o chocolate ten ese efecto activador da felicidade.

5. Planea unha viaxe a Dinamarca… ou Tailandia. Sobre isto tamén hai estudios: só con planear ou pensar nunha viaxe futura, aínda que despois non a fagamos nunca, sentímonos mellor. Por que Dinamarca? O último World Happiness Report (que o fai a ONU!) di que é o máis feliz do mundo, e pensa que eles agora case non teñen luz! Se o último que queres agora mismo é pensar en países nórdicos, pensa en destinos máis exóticos e de bo tempo como Tailandia. É ademais época de ofertas de viaxes!

6. Ao chegar a casa (despois do chocolate), colle o teu libro e le durante polo menos 30 minutos baixo varias mantas (e cun gato enriba). É o que levas querendo facer todo o día: volver á cama ou ao sofá, meterte baixo todas estas mantas, e ler ben quentiño durante un bo anaco para esquecer este luns infernal. Se tes gato, recomendamos tamén que se poña enriba túa para ler (a presenza dunha manta acostuma a convencelos).

7. Escoita Blue Monday de New Order. E xa que estás, inicia unha sesión de baile mentres pasas a aspiradora (podes escoitar a Queen tamén). É o día de escoitar Blue Monday, pero non o deixes aí. Continúa cunha playlist de greatest hits da túa vida, deses que sempre fan que bailes… e baila. E xa para aproveitar o tempo e rematar cunha casa moito mellor: limpa mentres fas os teus mellores pasos.

8. Baño con burbullas. Música clásica. Velas. Copa de viño. O mellor para rematar o día e durmir moi, moi ben. Enche a bañeira, fai burbullas, pon unhas velas para crear ambiente, algo de Mozart e colle unha copa de viño. Métete dentro da bañeira, pecha os ollos e pensa no bo que foi no fondo este día máis triste do ano.

FotosTrish Hamme e currystrumpet

Shares

1 comentario

  • Julio Vidal di:

    Moitas grazas polos vosos consellos! É tamén posible que na vida do estudiante este sexa o día con máis probas ou exámenes que recuperar para moita xente. Non poderei seguir os consellos pero… grazas pola vosa axuda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *