Pensádeo ben: os impresionistas pintaban borroso. En realidade, non era revolucionarios da arte senón pobres miopes que non conseguían encaixar ben as cores nas súas obras. Por iso, en realidade, o único que precisaban para pintar como-deus-manda eran unhas boas gafas.
Esta idea – ou algo semellante – debía andarlles na cabeza aos responsables da axencia parisina Y&R Paris, que son quen están detrás da idea da última campaña da marca de gafas KelOptic. E non, non é unha marca nin uns anuncios que vos vaian asaltar mentres estades a ler a vosa revista favorita (ben, si, xa sabemos que Disquecool non ten edición en papel e que por tanto non tedes revista favorita posible) pero que si ten, pola contra, moito potencial para ser viral.
A campaña colle algúns dos cadros dos pintores impresionistas máis famosos e aplícalles unhas gafas. O lema e o de “volvendo o impresionismo realismo”, así que xa podedes imaxinar o resultado final. Os lentes axustan todo o que os impresionistas fixeron borroso e permite ver con completa nitidez o que deberiamos estar a ver.
E por suposto polo camiño xa recibiu algún premio.