10 regalos cool para San Valentín (si, é posible)

Non imos agora tentar convencernos de que a data de San Valentín é cool, por suposto que non o é. De feito, posiblemente sexa un dos eventos anti-cool por excelencia, do que é máis fácil gozar se un é un pouco hortera. Non temos nada en contra do amor, faltaría máis, pero mesturar unha tradición importada con corazóns vermellos e frases relambidas por todas partes non dá bo resultado. E grazas que aquí, en realidade, só se enteran de que é San Valentín nas tendas (iso si, cada ano vai a máis) e ninguén ten que deprimirse pensando que é o único neno da escola que non recibiu unha postal de amor.

Pero aínda que San Valentín é anti-cool, recibir (e ás veces dar) regalos mola moito. E hai quen perde os seus principios por un bo agasallo. Porque o de “eu prefiro regalar calquera outro día” está moi ben, pero aínda está mellor non perder ningunha oportunidade.

Para inspirarvos aquí deixamos 10 regalos para quen quere ser sentimentaloide por un día, e aínda así, seguir sendo cool. Se tedes que facelo, procurade facelo ben.

1. Notas de amor a punto de cruz

notas de amor

Triunfou o crochet, triunfou a calceta, por que non pode triunfar o punto de cruz? As que vemos abaixo están inspiradas polo moi fermoso filme ‘Moonrise Kingdom’, e podes mercalas en Etsy. Pero si es capaz de facer algo así ti mesmo, mellor que mellor.

2. Posavasos de ‘Cumes borrascosos’

cumes borroscosos

Etsy é unha verdadeira mina á hora de mercas agasallos entrañables e orixinais. Aquí vemos 4 posavasos inspirados por unha das máis intensas historias de amor da literatura: a de Heathcliff e Catherine.

3. Antoloxía de relatos de amor

Libro amor

Mercar unha antoloxía de relatos de amor pode ser moi perigoso, salvo que a selección estea feita por Jeffrey Eugenides e os autores dos contos sexan Faulkner, Munro ou Chejov . Un regalo perfecto para quen poida ler en inglés.

4. Outros libros de amor

amordiscos

Libros (e cómics) sobre o amor hai para dar e tomar, pero quedamos con un que xa recomendamos o ano pasado: amordiscos.

5. Láminas de amor

together-we-are-fierce-600_189e4339-8cc4-4cc7-b28b-2260353bece1_large

Hai moitas láminas fermosas e modernas, como esta que vemos enriba de Marc Johns, ideal para regalar enmarcada e lista para pór na parede.

6. Láminas de amor (II)

mates-for-life-print

E outra opción é apostar polo universo animal, cunha selección das especies que escollen unha parella para toda a vida (que serve se é  o que queres que ocorra co teu namorado o namorada).

7. Vinilos románticos

amor enrollado

En Chispum teñen un montón de vinilos chulos, e moitos deles de temática amorosa (algúns rozan o vergoñento pero non todos). E xa sabemos que os vinilos decorativos molan moito.

8. Testo de amor

il_570xN.554658652_jo56

Se o que queres é que o voso amor creza como unha planta, podes mercar unha a modo de símbolo (e despois sacar conclusións se morre aos dous días). En todo caso, se contas con este testo de feltro, todo irá moito mellor.

9. Kit para cartas de amor

set-cartas

Botas de menos ese costume tan anacrónico como é o de escribirse cartas de amor?  Regala uns folios e uns sobres e a ver se captan a indirecta. En McNally Jackson store propoñen un set en papel de lino.

10. Tarxetas de amor

LIKE-A-BLANK-LOVES-BLANK1

Se non te queres complicar, as tarxetas son un básicos. Hainas de todos os tipos desde lacrimóxenas a divertidas, e sempre é máis seguro caer deste segundo lado. Estas a completar por ti, son de The Hungry Workshop.

Evidentemente, outra opción e escoller un regalo que mole por si mesmo, sen ser “de amor”. Pero para iso, a estas alturas, xa non deberiades precisar a nosa axuda.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *