Os vinilos decorativos son eses adhesivos para pór facilmente na parede, que comezaron a estar de moda hai uns catro anos, e que hoxe non poden faltar en ningún fogar. Son baratos, sinxelos de colocar (e retirar) e serven para dar un toque diferente a unha estancia sen comprometerse demasiado.
Por suposto, aínda que ao principio eran un elemento de decoración eminentemente moderno, o seu éxito pronto converteunos noutra cousa, e nas tendas de vinilos (que seguen a proliferar como setas) podiamos atopar todo tipo de deseños, desde os ben pensados ata os indiscutiblemente charramangueiros. Os vinilos decorativos, creados no seu día para aportar orixinalidade ás paredes, para diferenciarse (como case todo en decoración, vaia), acaban repetindo estampados e deseños nun bucle sen fin, ata case case aburrir.
Pero só hai que rebuscar. Hai marcas que fan vinilos de autor que son case obras de arte. Vinilos bonitos, entrañables, divertidos e/ou inspiradores; todos salientan por causar un impacto en nós. Son por exemplo, os da marca Chispum, onde atopamos unha volta de torca aos contos e cancións tradicionais, ou aos personaxes do ideario popular.
Outros vinilos divertidos, e por contra ben conectados ao mundo moderno son os de Hommu baseados en tweets. Así, crearon o hastag #stickmyvinilo para que a xente enviase tweets reveladores (lidos ou creados) para se converteren en vinilos. Despois votábanse nunha web e os que máis gustaron atópanse hoxe á venda.
Outras tendas que me encantan son 99% ou Pop&Lolli (preciosos vinilos infantís) das que tamén deixo unha mostra debaixo.
E é que os vinilos decorativos son unha fantástica forma de levar o mundo da ilustración ao interior das nosas casas.
Hola.
Donde puedo encontrar el vinilo de la primera fotografía, La Rianxeira????
Muchas gracias.