Vídeos para a fin de semana: os mellores filmes de fala non inglesa, segundo os Oscars 2014

Son estes meses cheos de galas de cine. Que si os Globos de ouro, que si os Goya, que si os Óscar. En cada cita, un descubre que hai un montón de películas que debería ver. E como os tráilers, sempre parece que che estás a perder algo mellor do que che estás a perder en realidade. Pero como febreiro é un mes perfecto para ver pelis (especialmente se segue este inverno máis chuvioso dos últimos 13 anos) non tes nada mellor que facer que poñerte o día.

Hai un par de semanas vimos todos os filmes nominados ao Oscar por mellor película, pero hoxe é a quenda das películas de fala non inglesa, esas, que ademais, por vir de fóra de Hollywood son aínda máis respectadas polo público hipster.

Aquí tes un listado dos cinco filmes nominados, algún estivo na gran pantalla hai xa meses, outro está agora, e outros chegarán durante febreiro. Pero pode que algunha non sexa proxectada nos cines galegos.

1. A gran beleza – Paolo Sorrentino (Italia)

É a gran favorita. Un retrato da vacuidade e a decadencia da alta sociedade romana, que ten como protagonista a un escritor de 65 anos, cínico e decepcionado con esa clase de vida.

2. A caza – Thomas Vinterberg (Dinamarca)

O argumento trata dun profesor, nunha pequena vila, que é acusado inxustamente de abuso sexual por parte dunha alumna. Iso provocará a desconfianza dos veciños, e fará da súa vida un inferno.

3. Alabama Monroe – Felix Van Groeningen (Bélxica)

Conta a historia de amor dunha parella, que se ve posta a proba cando a súa filla de 6 anos enferma.

4. L’image manquante – Rithy Panh  (Camboya)

A través de figuras de madeira sobre decorados e imaxes de arquivo, nárranse  as atrocidades cometidas polos Xémeres Vermellos na Cámboia de finais dos 70.

5. Omar – Hany Abu-Assad (Palestina)

Thriller que ten como protagonista a un rapaz que vive en territorios ocupados, e que ten que sortear as balas para visitar á moza da que está namorado.

Shares

    2 comentarios

    • charo di:

      chicas, la de rithy panh no esta muy bien resumida,no? no trata sobre la busqueda de una foto para probar nada, sino q reconstruye los recuerdos del autor, la barbarie que vivio, con muñecos de madera a falta de imagenes que no sean propaganda de pol pot y cia. el genocidio esta mas q probado fon un cuarto de la poblacion muerta duurante su epoca de poder. bss!!

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *