Onte coñeceuse a lista definitiva dos nominados aos Premios Oscar 2014. Ábrese así o período oficial para facer quinielas e conxecturas, para asegurar que tal peli é mellor que tal outra, se non fose porque…¡aquí só chegaron 4 delas!
Así, das 9 nominadas á mellor película (si, desde hai uns anos poden ser entre 5 e 10 as finalistas, para darlle máis emoción ao tema), só saíron en España catro delas. Pero nada de entrar o pánico, o resto sairán (a excepción dunha) entre hoxe e a cerimonia dos Oscar, o 3 de marzo.
Polo momento veremos os tráilers de cada unha destes filmes, xa sexa para recordar ou para abrir boca. Probablemente non sexan os mellores do ano (xa hai tempo que perdemos a fe ao respecto), pero sen dúbida son películas que hai que ver para ter conversación os días previos (e posteriores) a celebración da gala.
1. A gran estafa americana – David O. Russell
2. Capitán Philips – Paul Greengrass
3. Dallas Buyers Club – Jean-Marc Vallée
4. Her – Spike Jonze
5. Nebraska – Alexander Payne
6. Philomena – Stephen Frears
7. Doce anos de escravitude – Steve McQueen
8. O lobo de Wall Street – Martín Scorsese
9. Gravity – Alfonso Cuarón