Non só en Santiago de Compostela viven días de cine neste mes de novembro. O pasado venres comezou tamén a 18 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que, ata o vindeiro domingo, achegará aos ourensáns algúns dos mellores filmes do panorama internacional, facendo especial atención á temática comprometida e a innovación formal.
Na sección oficial compiten dez filmes moi diferentes, de países como España, Kosovo, Estados Unidos, Alemaña o Singapur. Pero ademais hai 4 seccións paralelas con moitos filmes interesantes: Inédito en Ourense, Documentales, Panorama Galicia ou Cine e Viño. Como cada ano, tamén haberá outras actividades como concertos ou proxeccións para escolas. As películas en concurso poderanse ver no Auditorio e terán un custo de 3 euros (ou 12 euros un bono para 5 filmes). As de seccións paralelas proxectaranse no Teatro Principal e o Centro Cultural Marcos Valcárcel e as entradas serán de balde.
Aquí che deixamos os tráilers dos 10 filmes da sección oficial, que poderás ver ao longo desta semana. Na páxina web podes descargar o programa.
1. ‘Agnus Dei’ de Agim Sopi – Kosovo
2. ‘Offline’ de Peter Monsaert – Bélxica
3. ‘Innocents’ de Chen-Hsi Wong – Singapur
4. ‘Kohlhaas ou a proporcionalidade dos medios’ de Aron Lehmann – Alemaña
5. ‘Mulberry Stains’ de JT Villalobos – Estados Unidos
6. ‘Pizzas’ de Laila Pakalnina – Letonia
7. ‘Acá adentro’ de Mateo Bendesky – Arxentina
8. ‘El Rayo’ de Fran Araújo e Ernesto de Nova – España, Portugal
9. ‘Paradis Perdu’ de Eve Deboise – Francia
10. ‘El triste olor de la carne’ de Cristóbal Arteaga – España