5 estampados cos que ir á moda este inverno

cadros tartan

O inverno non é so tempo para cores escuras, roupa escondida baixo o abrigo e prendas que só destacan pola súa discreción, polo menos, non este ano. Entre tendencias que nos gustan máis (as saias de patinadora) e as que nos gustan menos (os abrigos oversize) , quedámonos co florecemento dos estampados. Hai cinco en concreto que se repetiron considerablemente nos desfiles de moda da tempada outono inverno 2013 2014, e que agora vemos en todas as tendas low cost (e en moitas que non o son) e nas mellores fotos de street style.

Non é que se trate de estampados rompedores, pero si aportan un pouco de carácter ao look, e os máis valentes ata xogan a combinalos entre si. Pero o máis importante agora é saber cales son eses estampados cool do inverno, ou cales o son segundo os canons fashion. Falamos máis ben de moda feminina, iso si; síntoo rapaces.

1. Tartán

O auxe do estilo punk (pobres punks se erguesen a testa) trouxo consigo o estampado por excelencia do inverno. Trátase dos cadros tartán, que imitan os cadros escoceses, pero neste caso, cun puntiño informal. A foto de portada é de Pull&Bear, pero atopamos este estampado en absolutamente calquera tenda.

2. Floral

Estampado floral

Este estampado vén e vai cada ano, pero este inverno triunfa, especialmente sobre fondos escuros (para darlle un toque máis outonal ao asunto). É o noso favorito, pero non o dicimos moi alto para non parecer reaccionarias. Gústanos o vestido de Romwe que leva Faltering Bird, aínda que a maioría das tendas apostan por flores máis pequenas e menos definidas.

3. Estrelas

Estampado estrella

Ten algo de inxenuo e naif, e vén en todo tipo de tamaños e para todo tipo de prendas. As que ves enriba son de Mango.

4. Animal

leopardo print

Odiado por moitos e considerado anti-cool pola maioría, o certo é que o mundo da moda insiste. O truco está en saber como vestilo, porque a liña entre chic e vulgar aquí é moi feble. Esta blusa transparentosa de American Apparel pode caer do primeiro lado.

5. Pata de gallo

Pata de gallo

Son eses estampados tan de moda nos últimos 70, nos que se repiten pequenas figuras abstractas, especialmente en branco e negro. É un estampado moi clásico, que se recupera agora para looks máis informais. A blogger de Jag Lever mesturao con cadros.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *