Merchandising literario: o distintivo dos culturetas

Cunca Gran Gatsby

Ler leva un montón de tempo, pero está moi ben visto. E despois de todo ese esforzo…ninguén se decata de que está ante un verdadeiro intelectual!  Un ten que saír cos libros á rúa, ser quen de meter os autores de moda en calquera conversa, ou afirmar con cara de póker que claro que leu o Ulises de Joyce (aínda que ninguén o crea).

Pero resulta que hai formas moitos máis sinxelas de demostrar que pertences ao insigne grupo dos culturetas, ou polo menos dos ávidos lectores: usar produtos inspirados en libros! Chamaremos merchandising literario a todos eses obxectos cotiás que levan unha portada de libro, unha cita literaria, ou veñen ilustrados cunha personaxe por todos os lectores coñecida. E o certo é que me encanta o estilo que aportan, entrañable e cheo de imaxinación, ideal para a roupa, os accesorios ou a casa. Non hai mais que recordar os fantásticos bolsos de Olympia Le-tan. Ou ver esa sinxela, pero inspiradora, cunca do Gran Gatsby (dispoñible en The Pot Bank).

Aquí van outros 9 produtos inspirados en libros e escritores, moitos xa están apuntados na miña wish list.

Podes atopar os productos da galería en: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *