Posiblemente todos lembraredes aquel capítulo de ‘Friends’ (todos lembramos case todos os capítulos de ‘Friends’) no que Joey comeza a ler ‘Little Women’ (Rapaciñas, Mulleriñas, Pequenas mulleres? Alguén tería que traducilo ao galego e acabar coa dúbida) e cando chega ao momento complicado fai o que sempre fai nos momentos duros co único libro que leu na súa vida. Meteu no conxelador.
A razón non é a mesma, pero seguro que o resultado ten algo que ver (eu unha vez conxelei un libro porque dicían en internet que era bo para os libros vellos, pero ía plastificado nunha bolsa de conxelar e non conseguín ese efecto) co que se acada en Crystalized Books, da artista Alexis Arnold. Arnold colle clásicos da literatura e convérteos en esculturas cristalizadas. Antes de metelos a arrefriar, dálles unha capa dun líquido que ela mesma prepara (con deterxente e auga quente!!!) e que permite que adquiran esa textura diferente.
Que é o que quere conseguir con estas esculturas? Máis alá de se o resultado final é ou non bonito, a autora quere advertir do “perigo dos libros impresos” e garantir a súa inmortalidade. “Os libros, agora conxelados, convertéronse en artefactos ou espécimes xeolóxicos imbuídos coa historia do tempo, uso e nostalxia”, dille Alexis Arnold a FastCompany.
Entre os libros petrificados hai, sobre todo, clásicos, aínda que tamén fixo algunhas probas con revistas. Xenialidade ou herexía? Vós diredes.
Fotos | Alexis Arnold
Já foi traduzido:
http://www.leyaonline.com/fotos/produtos/500_9789895558216_mulherzinhas.jpg
;-)
Parabéns pola web!