As polaroids de Andrei Tarkovsky

Andrei Tarkosvky é un deses directores de cine de culto que fan filmes estraños, pero indubidablemente fermosos. E é que Tarkosvki prestaba moita atención a beleza das imaxes, con longuísimos planos case estáticos, poéticos, simbólicos, que parecían parar o tempo.

Non resulta sorprendente pois que estivese fascinando cun aparato como a cámara de fotos Polaroid. Un non o imaxina a el moi espontáneo, pero si capaz de capturar o que de particular ten un lugar, un momento, e quedar con el para sempre en menos dun minuto. Entre 1979 e 1984 o director adicou parte do seu tempo a facer fotografías coa súa cámara. Son en moitos casos fotos cotiás, da súa familia, casa e amigos, pero todas transmiten a súa maneira de mirar o mundo, tan única.

Hai anos publicouse en Italia un libro cunha selección dalgunhas das súas fotos. Agora podemos ver moitas máis neste fotoblog ruso. Aquí déixovos unha pequena mostra do que podemos atopar alí.

Via | Poemas del río Wang

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *