As casetes estarán para sempre nun lugar moi especial da nosa memoria. Ai, aqueles tempos, gravando naquelas cintas as mellores cancións que soaban na radio. Ai, aqueles tempos, utilizando o lapis con precisión para chegar a onde ti querías. Ai, aqueles tempos medindo tempos para facer unha casete redonda, ai, etc, etc.
Con tanto cariño recordamos as casetes que algúns hispters ata queren convertelos nos novos vinilos, obxecto de coleccionista. Se ti non acabas de velo claro, se te ves incapaz de renunciar ao Spotify e non queda ningún reprodutor de casetes na túa casa que funcione, non tes por que abandonar a súa memoria. Podes, simplemente, apostar por levar a casete en novas formas, máis visuais que acústicas. E é que a casete é unha fonte de inspiración constante no mundo da reutilización, pero tamén no mundo do deseño, e se non que llo digan a Moleskine que sacou unha colección estampado casete polo 50 aniversario deste entrañable obxecto. A casete é un motivo musical e retro, e iso sempre mola.
Vexamos outros opcións coas que podemos traer as casetes á nosa vida:
(Pincha nas fotos para acceder á galería)
- Bolso de casete – Non parece moi cómodo, pero desde logo é do máis orixinal
- Xersei de casetes – O estampado de casete é un clásico de camisetas e xerseis.
- Lámpada de casetes – As casetes tamén son un bo estampado para os artigos de decoración
- Carteira de casete – Se es hábil, é un proxecto DIY que podes facer ti mesmo
- Funda iPod de casete – Encántanos o xogo entre o retro e os dispositivos do “futuro”
- Vinilo de casete – Para as paredes, para os mobles ou para o ordenador
- Pendentes de casete – Que riquiñas son as casetes en versión mini! Ideais para as orellas
- Lapis de casete – Ideal para dar á túa oficina un toque cool
- Tatuaxe de casete – Sen dúbida, a mellor homenaxe