Moleskine de casete, a nova edición outono-inverno dos cadernos

Co cambio de tempada non só hai que aprender que levar posto, tamén hai que descubrir que modelo lanza Moleskine como edición temporal de cadernos. Xa falamos da colección de Star Wars e da nosa especial favorita, a versión de Lego na que podías encaixar fichas. Antes houbo Moleskines do Principiño ou de PacMan. E agora chega a edición máis hipster de todas cantas sacou a firma: as de casete.

As cintas de casete cumpren este ano 50 anos. Foron inventadas a comezos dos 60, aínda que non se converteron nun produto de masas (definitivamente mainstream) ata que chegaron os 80. As casetes son parte da nosa vida e todos lembramos o de xirar a rodiña cun lapis ou o desencanto cando se raiaban para sempre. Caeron ante o empuxe do moderno – e con máis calidade de son – CD e morreron practicamente co cambio ós novos xeitos de comercialización. Teñen no mundo de iTunes e Spotify sentido as casetes que gravabas cuns bos mix de cancións? Algúns hipsters están a recuperalas e Moleskine, aínda que só sexa pola estética, estalles a dar unha nova oportunidade coa súa colección de outono-inverno.

A colección de Moleskine conta cun caderno cunha cuberta que semella unha gravadora de casetes e un caderno máis pequeno que é un reprodutor. Todo ten aspecto de casete e o interior dos cadernos está tamén tuneado para dar o mesmo efecto. Como é habitual, trae pegatinas alusivas á temática.

Como é habitual están en grandes superficies como a Fnac, en papelerías e na súa tenda online ao prezo habitual das Moleskine.

Fotos | Moleskine 

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *