A túa nova Moleskine será de Star Wars

Debe isto horrorizarnos ou se cadra deberiamos todos facernos fans de cabeza? Moleskine acaba de lanzar a súa colección especial Star Wars (as fotos dos produtos con planetiñas de pega son da propia Moleskine, do seu kit para a prensa, non nos xulguedes por elas), algo que chegará ao corazón dos fans da saga.

A colección de cadernos da Guerra das Galaxias é unha das apostas para a tempada de outono da marca na que escriben todos os xenios e todos aqueles que se saben estilosos e modernos. Os cadernos chegan en formato peto e no máis largo, con raias e sen elas, e coa clara pegada da saga.

O lanzamento está acompañado por un vídeo promocional que xa por el mesmo merecería unha noticia. Asinado pola axencia italiana Youlovehome, reproduce unha batalla espacial… en origami.

Fotos | Moleskine

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *