Moleskine non é só a marca que todo aspirante a escritor debe levar no seu peto para cumprir con todos os tópicos e poder chegar a algo no mundo das letras. Moleskine é tamén unha compañía que sabe xogar co seu produto, que sabe travestilo e que sabe como engatusarnos ata aos máis escépticos. Cada certo tempo saca unha edición limitada, divertida e hiper molona dos seus cadernos. E con fotos de prensa como as que acompañan a este lanzamento non queda máis remedio de que declarase fan.
Lego chegou ao universo Moleskine, como antes o fixera Star Wars, ‘o Principiño’ ou Pac-Man. A edición limitada de Lego xoga coa identidade deste popular xogo por dentro e por fóra dos diferentes cadernos da serie.
As cubertas están serigrafiadas con iconografía Lego e permiten ademais encaixar as pezas do xogo e converter ao caderno nun elemento máis para xogar. Dentro está o mellor: unhas pegatinas con bonecos e pezas Lego que che permitirán tunear os teus documentos (escribirase un capítulo da gran novela galega nunha páxina cun Lego pegado no borde?).
Como é habitual nos lanzamentos de Lego, un divertido vídeo publicita a liña de produto, que dende o pasado 1 de marzo está en tendas.