Coa comida non se xoga!

Bento

Contradicindo as recomendacións (ou máis ben ordes) das nosas avoas, agora coa comida si se xoga. É a tendencia que comezan a exportar desde Xapón e que leva o nome de bento.

Bento adultoE que é bento? É a decoración de tupperwares, de modo que no seu interior se usan diferentes recipientes contedores para separar o arroz, o pescado ou carne, e os vexetais. O resultado é harmónico e bonito, e aínda que as caixas bento pódense mercar en calquera sitio (en Xapón), as nais niponas inverten o seu tempo en facer elaboradas decoracións caseiras coas que alimentar á familia. Trátase xa dunha tradición de longa bento torre eiffelhistoria, pois os bento comezaron hai case 900 anos (cando comezou a empacarse o arroz).

Hoxe podemos ver en Flickr (e no mundo de internet en xeral) que a tendencia saíu de Xapón e moitas son xa as persoas que se molestan en levar ao traballo un tupper que parece unha obra de arte. Pero o que de verdade triunfa, o que de verdade nos impresiona é o carácter bento, onde a comida se dispón de tal maneira que imita a forma de personaxes de debuxos animados, animais ou mesmo edificios emblemáticos.

Este tipo de bento destinado sobre todo ao público infantil resultou ser moi útil tanto para impresionar nunha festa caseira, como para facer que os nenos coman froita, verduras ou calquera cousa que non lles encante sen dar chío.

Porque no carácter bento podemos atopar desde a Winnie The Pooh ata a Bob Esponja. A que dan un pouquiño de ganas de probalo?

Bento nenos

Fotos | Nonochan, Shoko Mugaruchi, Sakurato Kitsa, Entre chiquitines e Taringa

Shares

    3 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *