Pasha 183: embelecendo a cidade

Pasha 183 é probablemente, o máximo expoñente do Street Art ruso. Un día, camiñando pola rúa, viu un enorme bloque de cemento que lle recordou a unha taboíña de chocolate.  Decidiu compartir a súa visión e, pouco despois, xa todos podíamos ver alí unha taboíña de chocolate dunha famosa marca, aínda que fose pintada.

Ese uso da imaxinación vencellada ao humor, é, probablemente, o que lle fixo tan “famoso” no mundo enteiro, e onde radica a forza do mellor Street Art. Algo feo, pragmático, gris, convértese en algo orixinal, creativo, enxeñoso. Apórtase así calidez ao espazo e un sorriso -e moitas veces tamén unha reflexión- a todos os que pasan por alí. É, ademais de expresión persoal, unha acción altruísta.

Pasha 183 morreu a finais de marzo con 28 anos, pero 14 de traballo as súas costas. Comezou cando viu, nos muros da casa dunha estrela de rock xa falecida, todas as mensaxes que lle deixaban alí os seus fans. Ese foi o xerme do muro de chocolate, pero tamén de moitas outras accións, desde utilizar un farol a modo de patilla das lentes, ata reclamar esmolas para os pobres con carteis de Mozart, Pushkin ou Sócrates. A súa ironía tórnase na maioría dos casos cara a crítica social.

Denominóuselle moitas veces o Banksy ruso, pero el pensaba que tiña suficiente estilo propio como para que iso fose case ofensivo. Tamén se negou a que a súa obra se exhibise en galerías, porque según dicía: “A misión do Street Art é dialogar coa xente da rúa. Ninguén ten que gañar cartos para que a xente poida admirar a túa obra”.

Como a maioría de nós non tivemos a oportunidade de ver os seus traballos in situ, conformáremonos con admiralos nas seguintes fotos. Ou visitando a súa web.

Vía: Russia beyond the headlines

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará