Vídeos para a fin de semana: Bicicletas

Xa van dúas semanas dende que o noso Disquerreto 2012 rematou, e mentres as nosas bicis pasan polo taller para recompoñerse dos efectos das pistas do Canal du Midi, contamos os minutos para poder voltar a pedalar. E para facer esa espera aínda máis angustiosa, aí vos deixo unha selección de vídeos de bicis con acento estranxeiro.

1. bike ♥

Porque trasmite perfectamete o que sentimos polas nosas bicis, as nosas queridas compañeira de viaxe.

bike ♥ from Rick Darge on Vimeo.

2. Brussels Express

Un breve documental ao redor da vida sobre rodas en Bruxelas da man dun grupo de bicimensaxeiros. Un bo exemplo de como a bici pode ser a alternativa ao coche nas cidades. É un pouco longo, pero gárdao para o domingo pola tarde ;)

Brussels Express from Sander Vandenbroucke on Vimeo.

3. Bikerafting Alaska’s Lost Coast: Yakutat to Glacier Bay.

Incrible viaxe a que se pegaron este grupo de amigos montados nas súas míticas Surley Pugsley para percorrer a costa de Alaska. Pero por se todo iso non producise suficiente envexa, levaron consigo unhas piraguas inchables. Preciosas imaxes para desestresarte e ir pensando no próximo Disquerreto, aínda que sei de unha disquerredactora que non ía levar nada ben o tema dos mosquitos.

Bikerafting Alaska’s Lost Coast: Yakutat to Glacier Bay. from LaceMine29.com on Vimeo.

4. Rapha Continental Alberta, Canada with Alex Stieda

Este é para os que sexan máis de gastar asfalto. Unha visita guiada pola terra do primeiro norteamericano en vestir o maillot amarelo do Tour de Francia, Alex Stieda. Unha bonita peza moi ben feita e coidada obra da elitista marca de roupa para ciclistas Rapha.

Rapha Continental Alberta, Canada with Alex Stieda from RAPHA on Vimeo.

5. Motherfucking Bike

E para rematar, un pouco de humor. Pois si, é certo, os ciclistas podemos ser un pouco pesados ás veces, pero en xeral, sexamos da tribo que sexamos, somos boa xente. Fixies, indurains, commuters, bmx, triatletas e montañeiros, collede as vosas bicis!!

Motherfucking Bike from sausage films on Vimeo.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *