[Disquefesta] Razón 6: participar nas nosas olimpíadas

BadmintonAtrás quedaron aqueles anos nos que os homes e mulleres interesantes eran os lánguidos, anos nos que os intelectuais aborrecían da actividade física e nos que o James Stewart da fiestra indiscreta era considerado un sex symbol. Hoxe, estar en plena forma non é incompatible con molar.

Así, sabemos que moitos de vós seguistes con entusiasmo as olimpíadas celebradas en Londres este verán, e desde Disquecool queremos sumarnos á maxia deportiva, pero con algo moito máis cool que xogar ao fútbol, correr ou lanzar xavelinas.

E que será ese algo? Pois esa é a quinta razón pola que debes achegarte á Disquefesta… para descubrilo! Polo momento adiantámoste que entre as 16.30 e as 18.30 horas da tarde poderás participar en deportes de risco coma o Escondite Inglés, demostrar a túa puntería no lanzamento de gafas de pasta ou rememorar a infancia saltando á corda (estilo individual ou grupal). Un prestixioso xurado avaliará o teu estilo e técnica! Ademais, temos dúas categorías: adulto e junior.

Por suposto, os gañadores levarán suculentos premios, pero neste caso si que é certo que o que importa é participar. Descobre o deportista que hai en ti, e sobre todo pásao en grande nas nosas Disqueolimpíadas.

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *