Videos para a fin de semana: Notodofilmfest 2012

Notodofilmfest é un festival de curtas online que leva xa 10 anos de andadura. A súa web é o paraíso dos procrastinadores (con todo o respecto á calidade das curtas), un pode pasar horas saltando dunha curta a outra.  Hainas moi boas e hainas moi discutibles, pero sen dúbida, hai moita variedade. Como Notodofilmfest sempre suliña, trátase dun trampolín que utilizaron no seu momento directores hoxe consagrados coma Daniel Sánchez-Arévalo, Nacho Vigalondo ou Rodrigo Cortés.

Este ano os premios da X edición entregáronse hai tan só unha semana, e en Disquecool recollemos algunhas das curtas que levaron premio para que o día de mañá poidades dicir dalguén: “si, si, eu xa vira unha curtametraxe deste director e apuntaba maneiras”.

1. Gran premio do xurado á mellor curtametraxe: Deazularrojo – Ana Lorenz Fondría

2. Premio ao mellor filme de animación: Náufragos – Mario Rico

3. Premio Filmin: Doble check – Paco Caballero

4. Premio Rei do Box Office: Love wars -Vicente Bonet García

5. Premio Starlight : Lanzando estrellas – Filipe Bezerra de Costa

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *