Esta semana foi moi gris: chuvia, unha primavera que parece que non dá chegado, recortes en educación, en sanidade, o noso rei que rompe unha cadeira… pero se confiabades en Disquecool para pasar un venres relaxadiño que vos fixese sentir un pouco mellor, quizais non sexa a semana.
Hoxe deixámosvos vídeos para pensar, para reflexionar -máis aínda- sobre eses temas que enchen todas as nosas conversas, que hai que emigrar, que queren escravos, que maldita crise. Porque cada vez protagoniza máis filmes, anuncios, videoclips, ou estes vídeos, cada un no seu estilo. Hainos de humor (negro), explicativos, irónicos ou tan realistas que espantan.
Alá imos con 5 vídeos sobre a crise.
1. Españistán
Vídeo moi explicativo das orixes da crise. Creouno Aleix Saló para promocionar o seu libro, pero converteuse nun fenómeno viral por si mesmo.
2. Wash, rise, spin
Vídeo poético-discursivo de Federico Teixeira sobre o paro, co que gañou un concurso de curtas da BBC o pasado ano.
3. La entrevista
Trátase dunha das curtas máis visitadas do festival Notodofilm 2012, e está firmado por Daniel Ortiz Díaz.
4. Capibalismo.
Outra achega sacada de Notodofilm. Aínda que predicible, a súa factura retro-cómica convénceme bastante.
5.Generación perdida.
Con este vídeo Benjamin Villegas (por certo, compañeiro de colexio de Aleix Saló) quería dar a coñecer o seu proxecto musical para conseguir fondos cos que levalo a cabo. Saíulle moi ben, porque foi o vídeo de moda esta semana. E fala diso, de nós, a xeración perdida.