Os accesorios vintage están, sen dúbida algunha, de moda. E levan xa tanto tempo de moda que parece case unha tendencia permanente: camafeos, colares dourados dos que colgan chaves ou paxariños, pendentes de ambar ou broches que podería, case case, levar a túa avoa. Iso é o que atopamos desde hai un par de tempadas nas nosas marcas favoritas de xoias.
Entre ese fantástico maremagnun de obxectos de inspiración vintage, destacan os colares reloxo. Si, agora que moitas empezan xa a prescindir deste anacrónico invento (quen precisa un reloxo tendo un móbil a man?), outras optan por darlle un toque señorial á súa vida agarrando a temporal esfera do escote cando se escoita algún “que hora é?”.
As posibilidades para levar un colar reloxo son case interminables. Desde rebuscar por mercadillos e tendas na procura dun reloxo antigo (e hai moita opción, porque os primeiros colares reloxos -aos que dubidamos teñamos nunca acceso- son de principios do século XV) ata acudir ás tendas de complementos máis masificadas como Dayaday ou Misako, pasando tamén polos colares artesanais actuais, pero de inspiración vintage, de pequenas tendiñas de Etsy.
Tampouco creamos que a única maneira de levar un colar reloxo é ser amante do estilo vintage, hai algunhas propostas modernas seguindo esta tendencia, como o reloxo espertador vermello que vemos á dereita.
Fotos | Kelly Lin, Friesenliese, Barberry and Lace