Divina’s cookies: doces moi decorados


Divinas cookies: doces moi decoradosQue as cupcakes e as galletas decoradas están de moda é indubidable. Cada vez é máis habitual ver este tipo de doces en calquera pastelería, e todos os que, hai dez anos, non saíamos das pastas e os pasteles de toda a vida, coñecemos hoxe a alguén que impresiona nas festas coa elaboración de cookies navideñas ou magdalenas cun glaseado enriba con forma de corazón.

Pero, onde tomar clases se queremos iniciarnos no mundo da repostería americana? Onde atopar eses ingredientes de cores estrambóticas? Onde mercar cortapastas coas formas adecuadas? Onde conseguir purpurina para unha bonita presentación? Ata hai pouco, tiñamos que saír de Galicia, ou acudir a Internet (coa desconfianza que provoca mercar na rede produtos alimentarios). Hoxe, só temos que achegarnos á tendiña Divina’s Cookies, situada na rúa Escultor Nogueira de Vigo -que polo demais, pronto contará, tamén, con tenda online-.

Abriu o día 24 de decembro e alí atopamos todos os ingredientes necesarios para facer e decorar galletas, desde a fondant (masa de azucre comestible) en calquera cor que poidas imaxinar  e que parece plastilina -pero xuran que é comestible- ata bonecas nas que o vestido é un molde para facer a nosa propia tarta. Todo iso, enmarcado nunha decoración moi feminina e cun punto vintage, coas paredes en rosa, os mobles en branco e maletiñas a modo de ambientación.

Divinas cookies: doces moi decoradosMontárona entre varias amigas, que se iniciaron no mundo da repostería decorativa a raíz da voda dunha amiga, como explica unha das propietarias da tenda, Marta Rodríguez: “queriamos unha tarta de voda orixinal e todo o que nos ofrecían eran as tartas típicas, de fresas con natas e tal, non podíamos escoller nin cores, nin formas… E pensamos que nos gustaría ser capaces de facer algo diferente, así comezamos a meternos neste mundo, a acudir a cursos, a facer probas en casa, mercar cosas por internet… porque non había nada en Galicia onde poder buscar materiais ou formación“.

Elas tiveron que facelo todo fóra, e entón acendeuse a lámpada:  E se montamos algo para encher ese baleiro? A favor, estaba o feito de ser pioneiras nunha afición en plena expansión. En contra, evidentemente, a situación económica actual.

Pero decidiron levalo adiante, tanto aquí en Vigo coma en Barcelona (onde pronto haberá tamén unha tenda Divina’s Cookies), e o éxito abafante deste primeiro mes é a proba máis clara de que existía unha crecente demanda. As ventas foron mellor do esperado, e todos os cursos esgotaron o número de prazas ao pouco tempo de ser ofertados.

E é que un dos puntos fortes da tenda son eses cursos onde se pode aprender todo o proceso de elaboración das galletas, desde facer a masa das galletas, ata distintos tipos de decoración, modelos máis fáciles e máis difíciles. Obradoiros que se realizan nas fins de semana, e que se teñen que facer sacando horas ao soño, porque tanto Marta coma Mónica Rico, dúas das encargadas da “delegación” de Vigo, traballan a parte as súas 40 horas semanais “O certo é que un non sabe ben de onde sacar o tempo, pero cando fas algo que che gusta, no que o pasas tan ben, é un pracer. E no primeiro obradoiro que dimos, o feito de que todo o mundo saíse tan contento, fai que o valores aínda máis. Non vemos isto como un traballo, senón coma un hobby.

Ademáis da tenda cos materiais, tamén podemos mercar a Divina’s Cookies cupackes, galletas e tartas decoradas, iso si, só baixo encargo. Na tenda non atoparemos doces listos para mercar, aínda que si quedaremos impresionados cos que decoran o local, como un reloxo que un xuraría e perxuraría que non pode ser comestible (pero si que o é). “Nós traballamos por encargo, e todo o que facemos é personalizado, ti pides formas, cores e tamaño, e nós facémolo”. Incluso hai xente que leva o deseño -fotos incluso-, e elas o imprimen en papel de azúcre! Pero hai que pedilo con 15 días de antelación, e meses no caso das tartas de voda.

Así que podes mercar tartas para bautizos coa foto do bebe impresa, cupcakes de san Valentín ou galletas co logo da empresa. Pero se de verdade queres triunfar, anótate a un dos cursos e na próxima festa familiar, impresiona cunhas galletas feitas por ti mesmo!

 

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *